Recital de «manles» en Valga.
A malla do trigo fíxose onte no patio do colexio Ferro Couselo de Valga.
Nenos e vellos rememoraron a tradicional malla do trigo
Autor:
Os manles volveron petar contra a palla. O fixeron a conta da escenificación da malla do trigo que se organiza cada ano en Valga co fin de recuperar a tradición do agro galego. No outono pasado sementaron, en xuño recolleron a colleita e onte tocou separar o grao da planta. O seguinte será a moenda e logo virá a cocción do pan no fin de festa, con degustación incluída.
A asociación Axentiva e colaboración co Concello leva catro anos con esta experiencia, na que se lle da o protagonismo a vellos e pequenos. José Burés, José do rato como se lle coñece por alí, non fallou onte. A pesar dos seus 94 anos e dos achaques fixo voar o manle xunto con Bienvenido, Ricardo, José, os dous antonios e tres manolos. Non faltou o chiquito para tomar folgos e un público formado por nenos dos colexios Ferro Couselo e Baño, o alcalde e un fato de veciños como Lita e Carmen, que din estar encantadas de vivir esta volta ao pasado.
LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11
0 comentarios