Os traballos de limpeza do río Ulla en Pontecesures, pospostos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte estaba prevista esta limpeza entre ás 11:30 e as 13:30 horas dentro da campaña de limpezas simultáneas de ríos organizadas por Adega e que tiveron lugar en varios municipios. Como foron poucos os voluntarios inscritos e algúns deles tiña outras ocupacións á mesma hora, o goberno local tomou a decisión de pospoñer as tarefas de limpeza para o domingo 9 de outubro. A zona do río a limpar é a que está detrás da EDAR no Pozo de Cornelia.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.