Álvarez Angueira: «Pontecesures é totalmente viable».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A oposición de Pontecesures presume de ter deixado as arcas locais, cando menos, nunha situación «aceptable». Pero o goberno que preside o nacionalista Álvarez Angueira non ve as cousas deste xeito. Afirma que cando el marchou do Concello, catro anos atrás, as contas estaban máis saneadas (cun superávit de 211.000 euros) e que os seus antecesores practicaron unha política do gasto «sen control». Así que agora toca aforrar.

-¿De onde van quitar?
-De onde se poida. Aínda non hai nada decidido, non sei se imos recortar nos gastos correntes ou no que. Estamos mirando o gasto telefónico, do alumeado público…, pero algunha medida hai que tomar. O concello non ten por que pagar 40.000 euros polas festas do Carme. Haberá que facer unha comisión para que os veciños, se queren festas, as paguen. Pero xa digo, non temos nada decidido. Temos que falar diso o grupo de goberno porque urxe.

-E iso que Pontecesures non debe nin un céntimo aos bancos e ten remanente de tesourería positivo…
-Cando consultamos como estaba a situación con intervención, vimos que o remanente do que tanto presume a oposición non é real porque atopamos facturas sen recoñecer, 94.000 por un lado e 90.000 por outro, que agora temos que pagar. Todo isto déixanos cunha liquidez baixa que nos da para ir aguantando ata fin de ano, para funcionar o día a día, sen facer grandes cousas.

-¿Que se vai facer?
-Ademais de rematar a rúa Caldeirón, temos 87.000 euros do Plan de Investimento da Deputación para obrar en varias rúas. E logo temos proxectos que presentamos a Augas de Galicia, pero que van depender de se hai financiamento: a recuperación dos mananciais, tapar o regadío de Condide e facer a separación de augas fecais e pluviais no tramo de Couto, Carreiras, Paxareira e Infesta.

-Pontecesures é un concello pequeno e, coa que está caíndo, estase falando moito da necesidade de fusionar concellos. ¿Podería ser o caso?
-Eu estou en total desacordo coa fusión de concellos. Se ata hai uns anos eran viables e funcionaban ben, ¡por que agora non poden seguir igual? O que habería que replantearse é o sistema de financiamento local do Estado. Pontecesures é independente desde 1925 e debe seguir séndoo. Nun 97 % ten carácter urbano o cal facilita a prestación de servizos. ? un concello perfectamente viable.

-¿Como se levan no tripartito?
-Moi ben, ogallá estiveramos igual de ben no tema dos cartos. Hai comunicación entre os tres grupos, que é o que acordamos e o que queremos para de aquí a catro anos.

LA VOZ DE GALICIA, 04/10/11


1 comentario

ife · 5-10-2011 a las 17:51

Desiste «molulo» tu edad no te permite eso. Dedicate a reposar y al relax. Cada cosa a su debido tiempo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.