A varanda da rúa do Castro segue derrubada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na noite do 9 ao 10 de agosto, un vehículo derrubou un tramo de 7 metros desta varanda fronte ao número 5 da rúa do Castro de San Xulián (Pontecesures). O accidente foi aparatoso pois incluso algún elemento caíra na estrada nacional N-550 baixando polo noiro.

Pois ben; a pesar do tempo transcorrido a varanda aínda non está reposta coas conseguintes queixas de veciños. Nin a celebración o pasado día 12 de outubro dos actos da festividade do Pilar en San Xulián fixo reaaccionar ao goberno local e así esta deficiencia amosa a inoperancia dos gobernantes actuais. Pero é máis; a pista é moi concorrida por alumnos e pais do CPI Pontecesures que suben ou baixan a pé pola rúa do Castro (espazo estreito ademais). O perigo de caída é evidente para todos eles.

A ACP insta ao goberno local para que a varanda sexa reposta canto antes. Ignórase a tramitación e as xestións reallizadas coa compañía aseguradora do vehículo causante dos danos e que debe facer fronte aos gastos da obra, pero logo de transcorrir dous meses e medio o arranxo non debe demorarse.

Pontecesures, 22/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


1 comentario

Cara de cona · 24-10-2011 a las 19:53

Ben o Saba na oposicion……..mirando….controlando….haber cando van agora os canteiros de ali a protestar ao concello…..antes todo era unha merda con maribel……e agora que?……mira que leva tempo arombar unha valla con este goberno……e a asociacion esa de veciños de san xulian porque non protesta?…como se ve o plumeiro…..canta pluma…jo..jo..jo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.