Nota íntegra sobre as inscricións na «Ludoteca Terrorífica» do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O 19 de outubro o Concello de Pontecesures anunciou a celebración para o día 31 (foi non lectivo) dunha «Ludoteca Terrorífica» con varias actividades no Centro Social con motivo da celebración do «Samaín». No anuncio abríase un prazo para a inscripción dos nenos do 24 ao 28 de outubro.

Segundo as informacións con que se contan algúns pais trataron de inscribir aos nenos (tiñan que ser maiores de 4 anos) dentro do prazo concedido pero xa non foi posible pois o cupo xa estaba cuberto ao seguirse o criterio da orde cronolóxica nas inscripcións. Ata aí todo normal.

Pero este concelleiro quere criticar que atópouse con sorpresa que o sábado día 22 de outubro (dous días antes de abrir o prazo) xa había oito ou nove nenos inscritos. En consecuencia vemos que hai familias que teñen un trato diferenciado no noso concello co actual goberno. Os bandos e as publicacións municipais conteñen información e normas para todos e non pode ser que se admitan inscripcións nas oficinas da Casa do Concello antes do prazo xeral aberto para todos e prexudicar logo aos que se queren inscribir en prazo.

Xa non é a primeira vez que ocorre isto co actual goberno. Na ludoteca de verán e antes de publicar o concello os anuncios do seu funcionamento, prazos de inscripción, etc…, xa houbo familias que recibiron a «primicia», incluso telefónicamente dende a propia Casa do Concello.

Estes detalles, ademais de provocar que nenos ou nenos queden fóra inxustamente das actividades, dan unha mala imaxe da institución. Os favoritismos sempre deben ser criticados.

Solicítase ao concelleiro de educación, Roque Araújo, que adopte medidas para rematar con estas actuacións que restan seriedade as actividades municipais.

Pontecesures, 19/11/11

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures


10 comentarios

manolo o do bombo · 20-11-2011 a las 16:42

Que hipocresia tes Sabariz cando a tua socia Maribel cartos chamaba as suas amigas e deixolle de falar a moita xente que non era do seu color politico,e ti facendolle sempre a cama…

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-11-2011 a las 01:35

Eu non sei con quen falaba a exalcaldesa, «manolo o do bombo». Se fixo o mesmo que estou a denunciar ahora con isto da ludoteca, pois moi mal feito. Estou informando duns feitos claros e contrastados para que a veciñanza os coñeza. Dende logo a min non se me pode acusar de que marxinei a alguén polas cores políticas.

DON PEPITO · 21-11-2011 a las 15:40

Un refran que define moi ven este nota è: Pensa o ladrón que todos son da sua condición.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-11-2011 a las 18:22

Mira, «DON PEPITO», en lugar de xulgar os feitos denunciados tratas de meterte co que os denuncia. Se a ti che parece normal que se anuncie o comezo dun prazo o día 24 de outubro para unha actividade con limitación de prazas, e o día 22 xa hai 8 ou 9 inscritos, (non dou algún nome por respecto aos nenos e ás súas familias) pois a outra xente non. A min paréceme un trato de favor, un trato diferenciado que non pode permitirse na administración de todos. E a oposición está precisamente para informar sobre este tipo de prácticas.

porco bravo · 21-11-2011 a las 18:51

Eu non sei se será ladrón, pero o que si sei é que ten máis razón que un santo. Todo o pobo pode adiviñar os nomes dos apuntados antes de abrirse o prazo, como tamén sabe todo o pobo por que teñen que ser nenos maiores de catro anos, porque o lóxico sería que o foran de 3 anos, que é cando empeza a educación infantil.
Todo esto parece moi inocente, a fin de contas solo se trata dunha actividade infantil. Pero se é capaz de facer esto nunha cousa sen importancia, o que será capaz de facer noutra clase de asuntos. O deste señor todo me parece demasiado interesado. ¿Ou pode dar unha explicación razonable sobre a idade das actividades ou sobre a lista de «enchufados»? Eu aínda non oín ningunha explicación ou desmentido.

luis regaliz · 21-11-2011 a las 19:35

Pero de onde saca a idea o Sr. Sabariz de que había un tope de admisión? A min non me consta, e si non é así, esto que está a dicir non ten ningún sentido.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-11-2011 a las 20:02

Falei de que houbo algunha chamada de xente, en prazo, que non lle admitiron inscribir o neno ao estaren as prazas cubertas. Non «saquei» eu ningunha idea, informo sobre os feitos ocorridos. Veremos se alguén nos explica de quen foi a idea de permitir que o día 22 de outubro houbera na lista 8 ou 9 nenos anotados (todos coa mesma letra na lista, curiosamente) e porque non se esperou a apertura do día 24 como indicaban os anuncios oficiais do concello. Non se debe dar na institución municipal esa imaxe de «peña de amigos». Resulta pouco serio.

O Couto Existe · 21-11-2011 a las 21:38

Si que existía un tope de admisión, por iso chamei con tempo para anotar á miña filla pero comunicaronme para a miña sorpresa que xa non había prazas e pensei QUE EXITO TIVO A ACTIVIDADE!!!!

porco bravo · 21-11-2011 a las 23:28

Ah! mira por onde xa temos ó fillo/a de «luis regaliz» como un dos afortunados que xa estaba anotado antes de abrirse o prazo de inscrición. Pois si «luis regaliz», a filla de «O Couto Existe» non entrou porque non había prazas.
Para outra vez, se seguen o criterio da orde cronolóxica na inscrición, que esixan solicitude escrita con entrada no rexistro no concello e deixádevos de chanchulladas.

Tiroliro II · 26-11-2011 a las 18:32

E certo que din que hai enchufados para apuntarse as cousas do concello, o Roque quere facer politica e ganarse tantos pero e tan descarado que empeza a ter criticas de moita xente, e se encargan cousas e traballos aos vendedores amigos dos concellais, pronto deben saltar cousas

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.