Puntualizacións sobre o alumeado de Nadal 2011.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ante a nota feita pública polo goberno local de Pontecesures en canto á instalación do alumeado de Nadal, queremos matizar o seguinte:

1. Reiteramos que o 3 de decembro alguén do goberno local anunciou nun medio de comunicación que en Pontecesures este ano non ía instalarse este alumeado por tratarse dun gasto superfluo. Non sei a que ven agora o goberno a liar a situación con desmentidos cando a afirmación foi categórica. No lío metéronse eles pola súa descoordinación, as queixas veciñais foron un clamor e así o goberno tivo que rectificar a súa primeira decisión.

2. Para xustificar a metedura de pata, veñen a comparar agora o gasto deste Nadal 2011 co realizado polo goberno anterior en 2010 (o das empresas externas), inducindo á confusión. Ben, o goberno actual gasta 1.500 euros segundo as súas informacións, e o goberno anterior gastou 2.898 euros, pero tamén hai que dicir que neste 2011 os 1.500 euros son para instalar 5 arcos nas rúas centrais, mentres os 2.898 euros do ano pasado foron para instalar 10 arcos nas rúas centrais, 3 arcos máis en outras rúas e outros 8 adornos para complementar o alumeado municipal que se colocara nos distintos lugares de Pontecesures. Que quede claro.

Pontecesures, 21/12/11

Maribel Castro Barreiro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)

Categorías: Concello

14 comentarios

pepito · 22-12-2011 ás 15:42

mira que sodes rompe pelotas, seguide mareando a merda, ¡¡ hay luisito y compañia!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-12-2011 ás 16:35

Hai que dicir as cousas, “pepito”, e logo cada un pode sacar as conclusións que lle pareza. A información e o coñecer as opinións de cada quen en asuntos como o de alumeado de Nadal e o normal.

maribel cartos · 22-12-2011 ás 16:47

Sigo sin ter resposta. Como é que ten á explicación do Concello sin ter sido publicada en ningún medio?

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-12-2011 ás 18:31

Pero como ía inventar eu a explicación sobre o alumeado de Nadal do concello, “maribel cartos”. Saiu a nova no Diario de Arousa do día 21 de decembro pero non na edición dixital, hai que consultar un exemplar en papel,

manolo o do bombo · 22-12-2011 ás 19:42

Que ridiculo estas facendo sabariz….

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-12-2011 ás 22:25

Non, “manolo o do bombo”, non, ¿ridículo por que?. As queixas, as críticas da veciñanza e a confusión no tema do alumeado do Nadal so ten uns causantes: os membros do goberno local que anunciaron o 3 de decembro que non ía haber alumeado nas festas deste ano.

Princo · 22-12-2011 ás 23:22

Mimadriña do carme.. pero como demo será, que neste maldito pobo, grazas(eso si) a esta “nova” oposicion “en contra todo”, de todo e absolutamente TODO se fai unha montaña dun gran de area? Xa basta de politizar todo, damos vergonza como concello.

gero · 23-12-2011 ás 11:36

Sabariz no lo conozco personalmente ni se si es usted buena persona o no, por lo que se ve permitame decirle que ya aburre un poco con tanto critiqueo absurdo por su parte hacia la gente que actualmente está gobernando en puentecesures, no tengo afinidad politica ninguna y a las veces tampoco la entiendo pues tiene usted una forma muy curiosa de hacer politica, todo critica, todo lo que hace el gobierno local no es suficiente y no se da cuenta que usted en su dia tambien formó parte del mismo y no es que hiciese mucho digamos, se atribuye el mérito de informar pero da la imagen de atacar continuamente sin darse cuenta que hace usted un poco el ridiculo etc. Haga usted politica pero eso politica y no de parvulario ” profe aqui profe alla”

    Princo · 23-12-2011 ás 15:28

    esto é o que viña eu dicindo, a imaxe que damos dende fora como concello. Ben podiamos, en xeral, aprender un pouco do que di “gero”.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-12-2011 ás 18:56

¿Pero de que imaxe falades?. Parece que a oposición ten que estar calada. Se o albergue leva catro meses sen abrir, silencio. Se a rúa Mimosas leva máis dun mes sen pavimentar cos servizos colocados, silencio. Se as festas do Carme costaron moito máis que o ano pasado, silencio. Se a Festa do Churro foi devaluada, silencio. Se teño información de que se pospón o da variante da N-550, silencio. Se hai inscricións antes de prazo na ludoteca e logo se rexeitan nenos en prazo, silencio. Se temos que asumir o pago dunha factura das festas da Ponte, silencio. Se cobran tres concelleiros cun custo para o concello duns 30.000 euros máis ao ano, silencio. E tantas cousas máis.
Reitero que todo este tema do alumeado do Nadal foi causado polo goberno local pola súa negativa inicial a colocalo, pola súa descoordinación interna na primeira decisión e por anunciar precipitadamente o 3 de decembro unha nova moi prexudicial para a institución que foi moi mal recibida pola veciñanza. A obriga da oposición é informar do que pasou e queixarse. ¿Que culpa temos nós?. ¿Que iamos facer? ¿Quedar caladiños sen máis?.

En fin; o labor da cada quen (goberno e oposición) esta aí. O labor das diferentes forzas políticas que integramos a corporación tamén. Son os veciños quenes teñen que valorala.

pepes · 23-12-2011 ás 22:28

Ti o que querias era estar tamen gobernando para asi estar calado e saiuche o tiro pola culata entón criticas todo e publicalo, criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo, criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo, criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo, criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo, criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo, criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo,criticas todo e publicalo, TRAPALLEIRO

maribel cartos · 24-12-2011 ás 00:26

Mirei o Diario de Arousa, como dixo, e non vin a noticia por ningures. Por tanto, so podo calificalo como mentireiro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-12-2011 ás 00:27

Mira “pepes”, naturalmente que me presentei as eleccións co ánimo de gobernar, pero non foi posibel. Uns forman parte do goberno e outros formamos parte da oposición. ? o normal na democracia e na oposición tamén faise unha función importante, pouco valorada, ás veces, pero necesaria sen dúbida. ¿Que che molesta?. Pois mira; non teño que facerlle, mentres sexa concelleiro é o que me toca.
Resulta estraño que non viras no Diario de Arousa a nova da información sobre o alumeado do Nadal facilitada polo goberno local “maribel cartos”. Non sei a que ven cualificarme de mintireiro. Busca de novo o exemplar e deixa de marearnos. ¿Como ía eu inventar unha nova con información do goberno?. Sería unha barbaridade.

pepes · 24-12-2011 ás 14:34

Sigo opinando o mismo ca “gero” vaia forma de facer politica, hay cousas e cousiñas pero ti macho e por todo, por insignificante que sea ¡ Boom ! bombardeo que te criou coma no caso do alumeado de nadal…. e penoso.

Deixa una resposta a maribel cartos Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.