Novo alumeado
Dende o día de hoxe queda operativo o novo alumeado nas rúas San Lázaro, Otero Acevedo e Patifas. Ademais dos puntos de luz que contemplaba o proxecto inicial acordouse coa empresa adxudicataria, SETGA, colocar dous puntos máis na rúa Carlos Maside. O vindeiro luns procederase á retirada das luminarias e ó cableado vello.
Este grupo de goberno quere agradecer as facilidades mostradas pola empresa adxudicataria para facer os cambios requeridos polo equipo de goberno tra-las suxerencias dos veciños da zona.
Asemesmo queremos decirlle ó Sr Sabariz que este grupo de goberno non actúa «a golpe de cornetín», nin da oposición nin de ninguén. Este grupo de goberno o que sí fai e fará é ter sempre en consideración as suxerencias dos veciños. Gobernar significa tomar decisións, pero sempre tendo en conta as opinións dos veciños e non ás costas deles. Iso é o que facía o grupo de goberno na anterior lexislatura, cando nin tan sequera falaba cos veciños á hora de acometer as obras (alumeado da rúa central, aceras no centro do pobo, etc).
E se non lembramos mal o «flamante» concelleiro de infraestructuras era o Sr Sabariz.
9 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-12-2011 a las 22:23
Resulta un tanto sorprendente que tamén teña que contestar a «CONCELLO DE PONTECESURES» (tamén formo parte do mesmo), pero vouno facer:
Non critiquei para nada a obra de alumeado das rúas Patifas, Otero Acevedo e San Lázaro, non realicei acusación algunha en canto a súa execución. O único que fixen agora, en relación con esta obra, foi informarlle á poboación de que foi o goberno anterior o que solicitou e xestionou á subvención da Deputación, conseguindo unha importante cantidade de cartos sen poñer o concello nin un euro. Non se pode dicir que eu non estiven a recoller as opinións veciñais, pois senón: ¿por que foi solicitada a substitución do alumeado nesta zona e non en outras con eses cartos?, ¿acaso non foi este concelleiro o que se interesou por todas as queixas que había na rúa Patifas polos problemas do alumeado?, ¿acaso non tratei de activar, discutindo coa Deputación, para que o investimento se realizase canto antes? ¿acaso non foi incluída tamén a obra de saneamento e acondicionamaento desas rúas nos plans da Deputación por iniciativa do goberno anterior?….
Nunca actuei de costas a ninguén e sempre din a cara. Moléstalle ao goberno local que continúe informando dos asuntos, que me preocupe polas cousas, queren que non teña datos de nada. Pois a miña función é a contraria.
Para rematar quero dicir que a actuación de mellora destes alumeados era moi necesaria e temos que estar todos satisfeitos. Pero fíxose agora por unha cuestión moi sinxela é evidente: porque o goberno anterior deixou xestionada e concedida a actuación a través da Deputación. En lugar de agradecelo o goberno local quere confundir, presumir e atacarnos.
Non fun «flamante» en nada dentro do goberno anterior pero aí quedaron múltiples actuacións con una considerable cantidade de cartos doutras administracións (alumeado central, campo de fútbol de herba sintética, rúa Deputación, albergue, saneamento integral en Grobas, A Plazuela, obradoiro de emprego, ximnasio anexo ao pabellón, parque biosaudable, beirarrúas fronte ao concello, na rúa Ullán, e tantas e tantas cousas máis) e con obras aprobadas que deixamos para este goberno (rúa Mimosas, Camiños dos Acevedos, rúa Calera, rúa Patifas, rúa Otero Acebedo, rúa San Lázaro). Para conseguir isto traballei o que puden xunto cos meus compañeiros de goberno. Sen dedicación exclusiva e sen percibir ningunha retribución.
pepes · 30-12-2011 a las 23:44
Era hora de que o concello de pontecesures lle respondera a este » super criticalo todo » nesta paxina web e non solo nos plenos, pero sigo pensando o mismo, pasar del, pobrecito a cabeza non para,,,
pepito · 30-12-2011 a las 23:52
Ahí hombre ahí poñerlle as pilas a este tránsfuga que se quere atribuir os logros do pobo a el mismo, vállase señor cuésta, perdon Sabariz vállaaaaaaase
Princo · 31-12-2011 a las 01:46
o alumbrado da calle central foi o colmo…
Canta razon ten esa ultima parte da noticia.
Saba, aburres moito… Estas sempre co mesmo… «retribución» «non critiquei» «non fixen»…
Nunca fas nada, eso xa o sabemos! A pesar da tua penosa labor (de máis que discutible utilidade) parece que neste concello, as cousas fanse ao pouco, pero con cabeza, e pensando na xente que habita aqui, sen decisións dictatoriais, nin outras pillerías varias que nn fai falta lembrar do anterior goberno.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-12-2011 a las 08:15
Quedou perfectamente explicado o ocorrido coa solicitude, tramitación, xestión, adxudicación e execución da obra do alumeado que se reflicte na nova e que realizou e finaciou integramente a Deputación de Pontevedra, dentro do Plan de Infraestruturas. O expediente está para consultar na Casa do concello e nos documentos é onde se pode apreciar o labor de cada quen neste tema.
As obras do goberno anterior (citei só algunhas) aí quedan. Non lle gusta a algún que se lembre iso, que se lembre que eu non cobraba nada, que eu fixen todo o que me foi posible para conquerir cousas, etc..Os ataques virulentos seguen: que se teño que marcharme, que se vago, que se dictador, que se pillerías. En fin, pouco argumento.
presumida · 31-12-2011 a las 09:19
Pola forma que tes de actuar un tanto ridicula non me extrañaria nada que calquera dia vaias detras dos que agora gobernan a o W.C para que che dean contas do que fan ali tamen…
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-12-2011 a las 09:30
Aunque tu comentario no tiene nada que ver con la entrada, creo que es bueno que salga a la luz, «presumida». Vaya nivel, vaya argumentos, vaya forma de expresarse. Poco queda por decir.
Princo · 1-01-2012 a las 00:13
Discrepo, a entrada vai sobre a tua penosa labor como oposicion. E «presumida» creo que acerta bastante co tema…
porco bravo · 1-01-2012 a las 19:20
Como ben di a nota do concello «este grupo de goberno o que si fai e fará é ter sempre en consideración as suxerencias dos veciños», os veciños suxerímoslles que ningún concelleiro estivese no paro e eles, fieis aos desexos dos seus votantes, aceptaron o sacrificio de «traballar» (eso sí, con pausas retribuídas para fumar na porta, que eso queda moi ben) 5 horas por 1.300 euros por 14 mensualidades = 18.200 euros cada un. Por tres concelleiros = 54.600 euros.
Con cabeza contrataron o alumeado de Nadal, que máis parece unha exaltación do plátano de Canarias.