Decepción pola supresión da festa de despedida do ano na Plazuela cesureña.
Con tristura recibimos a nova da supresión por parte do equipo de goberno da festa de despedida do ano na Plazuela de Pontecesures ás 12 do mediodía do día 31 de decembro coas badaladas do reloxo da Iglesia Paroquial. Foi unha idea do goberno anterior que tivo unha resposta moi positiva nas edicións celebradas ata o de agora con bastante participación de nenos e maiores.
Tratábase dunha festa moi austera e ademáis das badaladas ía con anterioridade o Carteiro Real para recibir as cartas dos cativos para os Magos de Oriente (u buzón xa quedou preparado, por suposto). Coas uvas, os conguitos, un equipo de megafonía, as bolsas de confetti, algún xoguete a sortear, e pouco máis, estaba a festa preparada.
Amosa pouca sensibilidade e poucas gañas de traballar o goberno actual suprimindo unha festa entrañable que ía collendo máis e máis participantes cada ano e que enchía de ledicia a mañá de fin de ano en Pontecesures. Se é así como pretende potenciar o comercio local o goberno municipal imos apañados por moita mesa de comercio que se constitúa. Unha mágoa.
Xa que o goberno local non o fai dende a Plazuela como se fixo nestes pasados anos na festa que agora queda suprimida, os concelleiros asinantes queremos desexarlle, a través desta nota, un feliz aninovo aos veciños de Pontecesures.
30/12/11
Maribel Castro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)
9 comentarios
Princo · 1-01-2012 a las 00:09
Por dios Sabariz, que Cesures non é Vilagarcia… Non temos nin habitantes nin cartos para andar con estas trapalladas
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-01-2012 a las 02:11
Pois nos últimos catro anos fíxose este acto na Plazuela e resultou sempre exitoso sobre todo para os cativos. Era unha festa breve e moi austera. Non concibo por que lle chamas trapallada, «Princo». Aínda hoxe algunhas persoas preguntáronme polas razóns da supresiòn da festa. Non estou para nada de acordo coa decisión tomada polo goberno local de cargarse este acto que facía disfrutar a bastantes nenos e a algúns maiores, e dáballe ambiente festivo á vila na mañá do día de fin de ano.
chorlito · 1-01-2012 a las 19:17
Ante todo FELIZ ANO NOVO a tod@s os cesureñ@s e parte do extranxeiro. Este que se fai chamar » princo» non sei eu que entende por trapalladas, pero si o de tomar as uvas na prazuela e unha trapallada entón que supriman tamén a cabalgata. Que pouco espíritu navideño por dios, xa un está bastante amargado co que está caindo para que veña un paloi@ e nos diga estas cousas, para trapallada a que hai no concello esa si que é unha autentica trapallada, onde van aqueles tempos onde gobernaba xente un pouco máis seria que os que estan agora.
Princo · 1-01-2012 a las 23:38
Si, xente seria e sobretodo «educada» coma ti… Asi debías querer que fose este goberno, tratando á xente de paloios e de «estes».
Pois si querias tomalas uvas, a vilagarcía, que ali fano todolos anos, e ata conseguiron facer algo importante. O daqui, namais que era caprichiños dalguns, que ansiaban sair nos periodicos con algo «novedoso», cando a 15 kilómetros habia algo ben organizado.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-01-2012 a las 09:54
Sigo considerando que fue un grave error la supresión de esta fiesta, que cada vez se celebra al mediodía por más ayuntamientos, sobre todo pensando en los niños. Era un acto sencillo, de poco coste, bien organizado y que nunca ocasionó problemas en los cuatro años en los que la hubo.
Naturalmente que no se puede comparar a la fiesta que tiene lugar en Vilagarcía al mediodía, pero estaba dimensionada a nuestras posibilidades organizativas, a nuestro presupuesto y a nuestra población. Por esa regla de tres, «princo», todos tendríamos que ir a las cabalgatas de reyes de Vilagarcía, Santiago o Pontevedra, por razones de vistosidad y participación, pero no se debe hacer. Tenemos que defender lo nuestro aunque sea más humilde pues de lo contrario nunca habría nada en materia festiva. Nos iríamos a otra ciudad y punto.
Princo · 2-01-2012 a las 12:18
Vale moi ben, facede o que queirades. Despois logo choraremos coma sempre: «ay, este goberno, gasta o que non temos en cousas innecesarias» «ay, canta trapallada en tempos de crise»
non é por nada, pero inda non estamos concienciados do que é unha crise. Significa deixar de facer cousas, para asegurar outras. Eu o que vexo é que a xente quere aforrar, facendo exactamente o mesmo, sin deixar de facer nada, e nn se aforra asi.
chorlito · 2-01-2012 a las 12:45
Ante todo pedir disculpas pola miña falta de educación según «princo» pero o que se pica por algo será. Para ir tomar as uvas a Vilagarcia non fai falta que mo diga ninguén, ademais eu son moi tradicional e tomamolas na casa o dia 31 pola noite. Oxalá as noticias que saen nos periodicos fosen sobre as uvas de cesures pero por desgracia saen outras moito mais bochornosas que estas.
xa sabedes cesureños a VILAGARCIA a ver a cabalgata que según o SE?OR PRINCO é moito mais vistosa que a de este humilde pobo.
Princo · 2-01-2012 a las 14:07
Que gracia me facedes os dous, entendendo o que queredes entender. ? igual, quen lea estos comentarios, verá ben claro o que pasa aqui, que de todo se fai un mundo.
pepito · 2-01-2012 a las 22:53
Lárgate dunha vez Sabariz que empalagaaaasss