Deficiencias na limpeza da Plazuela de Pontecesures o día de Reis.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nestas fotografías, tomadas onte ás 13 horas, pódese apreciar que na Plazuela continuaba sen recoller o lixo. Un feito que mereceu a crítica de bastantes das persoas que percorrian este lugar (bastantes delas asistiron ás 12 horas á Misa de Reis que se celebrou na Igrexa Parroquial de Pontecesures). Para agravar a situación, tamén podía apreciarse a presenza dunha boa cantidade de ferros amoreados e sen retirar procedentes da carpa da cabalgata de onte.

Dende logo o goberno local ten que coidar estes detalles na procura de que os servizos de limpeza deixen sen lixo esta zona de máis tránsito a primeiras horas da mañá e non transmitir á veciñanza unha imaxe de pasotismo neste asunto da limpeza.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


8 comentarios

Princo · 7-01-2012 a las 12:59

Pois si, e tamen deberian limpar os do goberno local todo o confeti tirado, un a un……………..

presumida · 7-01-2012 a las 23:25

Sabariz o teu sí que non ten solución. Sempre co dedo no gatillo da cámara e o ollo ben pegado a ela, é unha lástima que non haxa ninguén que cando tes o ollo pegado á cámara, por absolutas tonterías como esta, non che dea con ela nos morros. Eres un mentiroso compulsivo afirmando que moitísima xente criticou este feito. ¿Cómo non pos a funda e o limpas ti? Porque está claro que algún motivo haberá para tardar buf… tanto tempo en limpala.
Que paciencia ten que ter o goberno local para aguantarte, aínda bueno que pasan de tí.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-01-2012 a las 00:20

¿Como vai ser unha tontería o da limpeza da Plazuela, «presumida?. ? a primeira vez que observo que á unha da tarde estivera sen recoller o lixo nesta zona. Claro que moita xente comentou o tema á entrada e a saída da Misa de Reis. ¿Como non se vai denunciar ese pasotismo?. Para ti hai que calar, hai que deixar pasar todo pois nada ten importancia. Non si o que vou ter a culpa de que houbese lixo a esa altura da mañá ou de que houbese ferros amoreados durante todo o día de reis na Plazuela son eu.

presumida · 8-01-2012 a las 10:04

Eu non digo que teñas ti a culpa, pero deberias darlle un descansiño a tanto afán de gravedad que tes por todo, a oposición está pra algo, denunciar, informar, etc, pero é que o teu é moito, as vaces pasaste un ovo porque alarmas algunhas cousas que verdaderamente pra min non son formas de política nin merecen tanto agravismo.
Aproveito para pedirche disculpas polo de darche ca cámara nos morros, todo o mundo ten a liberdade de facer fotografías donde sexa e cando sexa.

Portoghes · 8-01-2012 a las 11:31

Polo que se ve nas fotos a plazuela estaba intransitable… jajaja Como lle gusta ó Sr. Sabariz estar «en la cresta de la ola» día si e día tamén. Ten vostede un afán de protagonismo que para si quixeran os mellores showmans.
De verdade cree que gana algo publicando nesta páxina unha entrada como esta? Non é máis productivo e de interes para os veciños e o propio concello, que vostede cando ve esta gran irregularidade (ironía) chame a algún dos responsables do concello e lle faga saber o que acontece?
Seguramente eso sería o que faría alguén que fora antes persona que político.

    Princo · 8-01-2012 a las 22:29

    Ti mesmo o dixeches… sabariz, antes que persoa é politico, mais ben… xa se veu co asunto aquel da compra de alimentos a necesitados, que recordei ao ler a outro comentarista

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-01-2012 a las 16:21

Mira «Portogues», este labor da oposición ten a súa importancia para que nunca no futuro A Plazuela estea con lixo á unha da tarde. A imaxe de pasotismo era prexudicial para a vila e coa foto e coa información os cesureños saben como organizou o servizo o goberno local o día despois da cabalgata de reis. ? a tarefa normal da oposición.

caja no caldeiro · 9-01-2012 a las 10:29

ben a queixa polo da limpeza, foi un espectaculo o traballo dun barrendeiro do concello o dia 6 e o do patron cos papeluchos, barria un pouco, xuntaba montons, logo iba o bar non sei cuantas veces, logo voaban os montons, e cando saia do bar moita a xente a reir, foi a coña destes dias, unha vagancia, unha desgana, paraba a falar con todo dios, as señoras tiñan que barrer a sua acera, e din que a este lle van aumentar as horas de traballo para o concello, dios mio del alma a onde vamos chegar, tres sueldos para os tres supertenientes, agora lle aumentan os cartos a este barrendeiro, e logo non lle deron nin un regaliño aos rapaces na cabalgata, que se vaian todos coño

Responder a Princo Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.