Lembranza da visita de Manuel Fraga á Festa da Lamprea de 2004.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día en que finou Don Manuel, lémbrome da súa visita á Festa da Lamprea de Pontecesures 2004. Aquí o vemos departindo co hispanista británico Ian Gibson, pregoeiro na XIX edición da festa no Alfolí de Pontecesures na presenza do alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira.
Pasouno ben aquela tarde Manuel Fraga en Pontecesures no almorzo oficial da festa. Ideolóxicamente Gibson e Fraga estaban nas antípodas pero as conversas entre os dous con varias referencias á estadía do político de Vilalba como embaixador en Londres e da obra do historiador Gibson foron dunha gran simpatía que se deixou sentir tamén nos discursos de ámbolos dous. Foi entrañable aquela edición da festa e tivo unha gran repercusión mediática que beneficiou á nosa vila.
Descanse en paz o expresidente da Xunta.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.