Convocan un concurso de cartas de amor en Valga.
O Concello de Valga en colaboración coa asociación A Eira, convoca o I Concurso de Cartas de Amor, segundo anunciou a través da web www.valga.es, onde poden consultarse as bases do certame.
Poderán participar rapaces y rapazas a partir dos oito anos de idade, que terán que presentar os seus traballos en galego.
As obras deberán estar relacionadas co amor en todas as súas variables. Poden estar dirixidas a pais, avós, aun marido, a unha noiva, a un lugar do pobo, a un familiar, etcétera. Estará prohibida a linguaxe ofensiva.
Admitirase unha única carta por persoa, que deberá levar un título e ir asinada con pseudónimo. Deberá ir escrita de puño e letra, cunha forma lexible. A extensión máxima da carta será dun folio por unha cara.
Os traballos presentaranse persoalmente no Concello de Valga, no Auditorio de Cordeiro ou nos centros escolares do municipio.
O prazo de presentación remata o 10 de febreiro e o premio consistirá na publicación da misiva elixida na páxina web e en Radio Valga.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/01/12
0 comentarios