Un veciño da Devesa finou cando circulaba en bicicleta pola rúa dos Namorados de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre ás 11 da mañá de hoxe, 20 de xaneiro, morreu na rúa dos Namorados de Porto, José Cordo Carril, de 70 anos de idade e veciño da Devesa. Ía José Cordo en bicicleta por esta rúa paralela á vía férrea cando caiu fuliminado morrendo no acto. No lugar dos feitos personáronse os servizos sanaitarios, a Policía Local e a Garda Civil. Demorouse bastante o levantamento do cadáver ata que se personaron as autoridades xudiciais.
Descanse en paz.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.