Procesión dos Lacóns e San Brais en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Mañá, e de febreiro un grupo de veciños de Vilar partirán dende a capela, trala misa das 10 horas, portando as figuras de San Roque, San Amaro e San antón, ademais das cestas de lacóns que levarán as mulleres sobre a cabeza. a comitiva acompañada das gaitas, chegará á igrexa para a misa solemne das 13 horas, á que seguirá a procesión dos lacóns.

O venres 3 celebrarán o San Brais. A zxornada comezará cedo, coa tirada de bombas de palenque, misas rezadas a partir das nove, alboradas e pasarúas coa Banda de Música Cultural de Tremoedo. A misa solemne será ás 13 horas, seguida de sesión vermouth amenizada pola citada agrupación, que ofrecerá un concerto pola tarde. Tamén haberá misa ás 18 horas. Pola noite celebrarase unha verbena coas orquestras Costa Oeste e Cinema. Dj Mario porá fin á festa. Haberá carpa con calefacción.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 01/02/12

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.