Contratado un peón en Pontecesures ata o 7 de marzo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Por diversas circunstancias como baixas laborais e permisos, só queda un encargado para obras e reparación e, segundo a resolución da alcaldía de 21/02/12, precísase contratar unha persoa para cubrir as necesidades no día a día neste servizo.
No segundo parárafo da resolución dise textualmente: “Visto que, logo da selección efectuada polos programas de Cooperación 2011, tivéramos unha lista de puntuación entre os candidatos que se presentaron ó posto, procederase á contratación por parte deste Concello para cubrir esta eventualidade á persoa, que, logo de ter traballado estes meses demostrou experiencia en manexo de maquinaria e ferramentas de construción, entre as máis valoradas polo tribunal que valorara ós aspirantes ó posto”.
Deste xeito o alcalde resolveu contratar como peón a ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ dende o 21 de febreiro ata o 7 de marzo.

Lémbrase que o tribunal en cuestión puntou en xuño pasado aos catro peóns que prestaron servizo perante sete meses ata mediados de xaneiro de 2012 do seguinte xeito: 1. Isolina Caldelas Agrasar, 8 puntos 2. Antonio Rodríguez Rodríguez, 7 puntos 3. Francisco Refojo Cascallar, 6,50 puntos 4. Remedios Rodríguez Requejo, 6,50 puntos

Categorías: Concello

1 comentario

Tiroliro II · 28-02-2012 ás 19:43

Outro escandalo con este goberno, volve o bloque e Angueira e volven os lios na seleccion dos traballadores, deixan fora a primeira das administrativas e agora deixan fora a pimeira dos peons, joderon a Isolina con mellor puntuacion e con tres fillos e que tanto lle fai falta un contratiño, que inxusticias sin pes nin cabeza, e este un goberno tan social e de axuda os necesitados? parece que nin de broma, e o Roque e Cordo? para onde miran?

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.