O alumnado da Escola Infantil de Pontecesures celebra o ano internacional dos bosques.
Levarán a cabo unha plantación de árbores o vindeiro sábado
Como en pasados anos, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Pontecesures levarán a cabo unha plantación de árbores, acompañados dos seus monitores e de pais e nais, como unha actividade formativa e enmarcada dentro do proxecto Voz Natura. Esta actividade cobra aínda máis sentido tendo en conta que 2012 foi elixido Ano Internacional dos Bosques pola Asamblea Xeral da ONU. Á zona elixida e a área recreativa do Monte Galiñeiro. O punto de encontro é a propia Escola Infantil, ás 11:00 horas, é o inicio da actividade está previsto para as 11.30 horas.
1 comentario
sobreiras · 1-03-2012 a las 16:43
Perdonen pero o Ano Internacional dos Bosques fixado pola ONU foi o 2011. Desinforman totalmente, nin o saben os do goberno, nin os da gardería nin o que pon esta entrada, unhas burras todos, agggggg….