Avance das obras da nova calefacción do CPI Pontecesures
Este luns desprazáronse ao colexio de Pontecesures o xefe da unidade técnica da delegación de Educación da Xunta en Pontevedra e un representante da empresa que se vai facer cargo das obras. Ambos explicáronlle ao concelleiro de Educación, Roque Araújo, e a directora do centro, Begoña Regueira, os pormenores da obra, así como a data de inicio, prevista para o 26 de marzo.
Asemesmo, ambos técnicos comentaron que se trataría de acometer as obras no periodo vacacional de Semana Santa, e nos días laborais seguintes , en horario non lectivo, para non entorpecer a activiade diario do centro.
0 comentarios