Contestación ao concelleiro de obras, Ángel Souto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ante as manifestacións de dito concelleiro nun medio de comunicación o día 8 de marzo, desexo contestar o seguinte:

1. Resulta obvio que levantar un pavimento recente na rúa Caldeirón de Arriba de Porto por parte da empresa do gas para logo repoñelo ten un custo que non vai asumir o concello. Pero a veciñanza critica que haxa estes gastos absurdos a máis nas obras que afectan ás administracións. Construir un pavimento, rompelo ao pouco tempo e logo volvelo a repoñer, é a consecuencia dunha nula planificación e dunha nefasta coordinación dos traballos da obra municipal coa obra do gas por parte do goberno local de Pontecesures.
2. Non comparto a tese de que o arranxo da avaría de aúga na rúa Doutor Mosquera de Condide non era unha actuación prioritaria. Estivo uns dez días o auga manando polo centro da estrada co desperdicio da mesma nestes intres de seca e causando unha sensación de abandono moi criticada pola veciñanza nunha rúa tan transitada.
3. Evidentemente a edificación da rúa Novo Núñez (preto da Casa do Concello) conta con licenza e conta cun valado que pode continuar ata que remate a obra dentro do prazo concedido. Pero é que a fachada xa está rematada, o valado presenta unhas condicións lamentables e fóra do valado (na beirarrúa actual) foron causados uns daños por mor da obra que ocasionaron danos aos peóns e foi necesario colocar unhas chapas de ferro provisionais que levan aí meses. O que ten que facer o concelleiro de obras é xestionar que se repare a beirarrúa e que se habilite dunha vez o espazo público vinculado á licenza. Pídese xestión, para iso ten o Souto Cordo unha dedicación exclusiva.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


7 comentarios

taravelo · 13-03-2012 a las 13:40

Non sabes como intentar tocar os fusiños e no no das consejido, que ostia criticas da obra do jas, ¿pajalo ti ou o consello? Eu creo que non, da obra o lado do consello se ten permiso de obra e de colocasion de vallado que por serto esa persoa paja os dias que ocupe a via publica e ainda esta en vijensia ¿Que ostia criticas?. Que maneira mais curiosa tes de quedar en ridiculo ante todo o pueblo, hai sabaris sabaris, ten un pouco de verjonsa……

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-03-2012 a las 15:14

Te pongas como te pongas, «taravelo», es difícil de entender que una parte del pavimento de una obra recién finalizada tenga que levantarse para una canalización del gas cuando en la obra hubo que esperar a que colocasen la tubería para el suministro. Mala planificación y descoordinación por parte del gobierno local.
Te equivocas por completo en lo del vallado de la edificación próxima al consistorio. El promotor no tuvo que pagar ocupación de vía pública durante todo este tiempo ya que, de momento, el terreno es suyo y todavía no lo cedió al ayuntamiento. Esperemos que se ceda y urbanice de una vez ya que la fachada está aparentemente terminada. La imagen es lamentable y la acera está destrozada.

Cara de cona · 15-03-2012 a las 23:16

Dille que si Saba……a verxa que hai o lado do Galicia e unha merda,,,,,,parece un jaliñeiro…xa a acera fora do bar e un escandalo….sempre lixo por ali..,..que vaia o barrendeiro ese de Carreiras que fai tantas horas………e rapidisimo…….traballa que nin dios…jo…jo…jo….

piris · 17-03-2012 a las 01:56

Dí o vello refrán que «Os bombeiros nunca deben pisarse a mangueira entre eles».

taravelo · 17-03-2012 a las 12:20

Joder si o terreno e do propietario e cando finalise a obra llo ten que seder o consello, ainda non e terreno publico non ¿Que ostia lle criticas o consello ?. ¡ Tanto ruido por quedar fora do PODER! Hai sabaris sabaris

Cara de cona · 17-03-2012 a las 20:28

Para que cobra o Cordo enton?…..que fai tarambaina?….o jaliñeiro sigue ali…..casi no concello…..como si fose Cesures a aldea mais apartada……para non facer nada que non cobren coño…….que nos levan os nosos cartos en sueldos….os tres tenientes que vaian traballar…….

taravelo · 18-03-2012 a las 18:27

Mira cara de cona, non creo que nadie do consello cobre por meterse cos vesiños, sobre a obra que esta o lado do consello si ten vallado e ainda e terreno do propietario hasta que llo seda, non entendo que ostia criticades ti o sabaris e maria santirma os do consello, ide rañalos perdonando a espresion..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.