A ACP solicita o arranxo de bancos no peirao.
Dende hai moito tempo estase a observar que algúns elementos da zona do porto (bancos e papeleiras) están deteriorados, rúa Eugenio Escuredo de Pontecesures. Solicítase así que se realicen as reposicións de inmediato. O día 25 de marzo celébrase na zona a XVII Festa da Lamprea con montaxe das carpas para a degustación. ? fundamental que ese mobiliario urbano esté reposto para non dar unha mala imaxe da vila.
Esperemos que o goberno local se interese por este asunto e adopte as medidas oportunas para corrixir as deficiencias.
Pontecesures, 17/03/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
9 comentarios
Portoghes · 20-03-2012 a las 16:06
Bancos que levan anos neste estado por certo… Entón non sería arranxalos paranon dar mala imaxe, sería arranxalos para mellorar a mala imaxe dada anteriormente.
caja no caldeiro · 20-03-2012 a las 18:38
no goberno hai tres que cobran unha boa pasta, que traballen portugues, que se arreglen os bancos do muelle coño, xa vai ala casi un ano e o goberno de cesures e desastroso, non consiguen nada, non fan nada, un de bares, a outra vivindo en Padron e cunha cara de mala ostia no pobo que bota pa atras, e o outro leva co carallo da caldeira do colexio todo este tempo, que desgracia e cantos euros estan a cobrar estes tres para nada
manolo o do bombo · 20-03-2012 a las 18:52
Moi ben dito Portoghes…
pepito · 20-03-2012 a las 23:36
? increible caja no caldeiro que só lle reproches o dos bancos os tres que gobernan, que demonios facia o señorito Sabaris no tempo que el estuvo gobernando pois xa estaban rotos e tamén daban unha imáxe lamentable, unha de duas ou ti tamén eres Sabaris ou eres coma el ¡Un pouquiño corto de mente!
Portoghes · 21-03-2012 a las 01:25
non teñas esperanza «caja no caldeiro», os do goberno son políticos, non traballan, solo cobran por ganar unhas eleccións (e as veces sin ganalas). Os que traballan son os que non se elixen con votos.
perdinosono · 21-03-2012 a las 15:51
E DIGO EU, PRA QUE CARALLO QUEREMOS OS BANCOS AS PAPELEIRAS E TODO NESTE POBO.
TOTAL A DIA E HORA DE HOXE (21/03/2012, 15.45 P.M. )NESTE P. CONCELLO SEGUIMOS A TER UNHA PANDA DE INEPTOS GOBERNANDONOS, POR QUE O QUE E TRABALLAR , XA ESTA DMOSTRADO Q NO FAN, SINON CONSULTEN A WEB OFICIAL DO CONCELLO, E VERAN «MAIS VEN NON» OS ACTOS QUE TEREMOS NO CONCELLO O DIA 25/03/2012, ESACTO SE?OR@S E DEMAIS PERSOEIROS, NADA DE NADA, RES DE RES, OU SEXA UN O COMO UNHA CATEDRAL. ESTA E A FORMA DE VIVIR DUNHA DEDICACION, COBRANDO E SEN PEGAR PAU. OLE SUS SANTISIMOS COJ… Y OVA…..
sobreiras · 21-03-2012 a las 18:57
Non sei si estaba Sabariz no goberno cos bancos rotos, e igual, estes tres que cobran agora non fan nada, porque Sabariz arranxou moitas cousas neste pobo e conseguiu moitas outras, e estes ni fan nada novo nin arranxan as cousas pendentes que deixou Sabariz, un desastre levandose tres sueldos, que fan toda a mañan por ali paseando no concello pepito, que necesidade nos tempos que estamos de ter tres personas cobrando no pequeno cesures, que ano perdido levamos, nin se fai nada e se perde o que había
pepito · 21-03-2012 a las 21:23
Mira «sobreiras» eu non critico os de agora nin os de antes, eu só digo como un personaxe coma Sabaris lle pode criticar o dos bancos o actual goberno estando xa rotos cando el formaba parte do mismo nin máis nin menos, que estos tres tiñan que facer máis pois claro que si, pero non lle podemos dar a razón a Sabariz en algunhas cousas que ben sabe el xa pasaban repito cando el formaba parte do goberno, non podemos tirar balons fora, que non lle queira botar a culpa de todo a estos tres porque antes tamén pasaba de todo un pouco y eu non via que se abrira o fuciño coma agora, e si agora por estar na oposición ten que abrir o fuciño polo menos que no no abra botandolle a culpa os demáis de cousas que pasaban antes etc.
piris · 22-03-2012 a las 20:29
Persoalmente non me importa que os alcaldes e concelleiros, tanto de antes como de agora, cobren polo seu traballo. O que creo que hai que esixilos é que non so sexan eficientes senón tamén eficaces (diferenza moi importante). O que me extraña é que este debate dos soldos sexa tan intenso e recorrente neste mandato… Será porque o goberno anterior non cobraba?. Ou será acaso porque o fixo moi ben?. Non vou eu hoxe a facer valoracións, pero o pobo soberano se que as fixo nas pasadas eleccións e decidiu non repetir. Os cesureños somos sabios e volverémolo demostrar nas vindeiras municipais elixindo o que máis nos conveña nese momento…… ou cambiar ou repetir. Ainda nos queda tempo para pensalo…….. Mentras tanto a única futuroloxía que me intersa é a da Bonoloto.