O Concello de Santiago retira o apoio para o Correlingua do 7 de maio

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xustifica a decisión por problemas económicos e discrepar do manifesto

O Concello de Santiago retira este ano o apoio que concedía para organizar a Correlingua, a proba deportiva de promoción do idioma, programada este ano o día 7 de maio na cidade.

O edil de Cultura e Educación, Ángel Currás, afirma que xa lle comunicou hai unhas semanas á organización que este ano non se pode soster a axuda económica de 4.250 euros que se lles outorgaba, polos recortes orzamentarios e por existir outras prioridades. Días despois reiterou a negativa e acrecentou o desacordo co texto do manifesto, que valora «moi desafortunado». Currás indica que «en modo algún» o Concello colaborará con esa iniciativa, por discrepar con ese manifesto, elaborado por alumnado de cuarto curso de secundaria do CPI de Pontecesures. Porén «se queren celebrar a proba terán que solicitar permiso ao departamento de Tráfico e Seguridade», afirma.

Sorpresa da organización

Xepe Torres, da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Santiago e comarca, e Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización Lingüística, como representantes da organización da proba, admiten que Currás lles avanzou que non había dispoñibilidade económica, aínda que si lles prometeu axuda para ceder, instalar e retirar un palco. Días despois comunicou a negativa a calquera axuda, de se non retirar o manifesto.

«Entendemos as dificultades económicas. O que nos desgusta é que o Concello de Santiago, pioneiro na organización do Correlingua, se desentenda desa maneira, e que exerza a censura dun texto elaborado por alumnado de secundaria que evoca un poema de Celso Emilio Ferreiro, neste ano ano que se homenaxea este poeta», afirma Torres. «A Coordinadora mantemos a dispoñibilidade a colaborar co Concello, aínda que non comprendemos que a capital do país, que debía abandeirar a defensa da lingua, teña este actitude», acrecenta Torres.

Alegría de Galicia Bilingüe

A asociación Galicia Bilingüe manifesta a súa alegría por esta decisión nunha carta que envía ao alcalde, Conde Roa, e valora que cumpriu o que lles tiña prometido en decembro.

LA VOZ DE GALICIA, 22/03/12

Categorías: Educación

2 comentarios

papagos · 22-03-2012 a las 12:58

? lamentable que os alumnos de 4º de ESO de Pontecesures se vexan no medio dunha polémica ideolóxica auspiciada polos que se fan chamar «Galicia Bilingüe», pero o realmente sorprendente é que esto estaba pactado de antemán segundo eles mesmos recoñecen «Galicia Bilingüe manifesta a súa alegría por esta decisión nunha carta que envía ao alcalde, Conde Roa, e valora que cumpriu o que lles tiña prometido en decembro». Está moi claro que o ataque ao manifesto é unha escusa o que non lle gusta a esta xente é o noso idioma. Sorpréndeme que ningunha autoridade en Cesures saíse en defensa dos alumnos (corríxanme se me equivoco), aos que felicito por gañar o concurso.

Cara de cona · 24-03-2012 a las 18:59

Pero como meterian neste lio os nenos …..isto do galego se politiza……organizando a Ciga non estraña…..sempre saimos con follons…..sempre excluindo,,,,,,,,sempre co odio…..deixade que os nenos sexan nenos carallo……

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.