«Na miña vida probei nada que se asemelle á lamprea, e mira que teño probado cousas».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Volve a Cesures, onde ten raíces familiares e onde aprendeu a cociñar o produto.

André Arzúa aprendeu a conciñar a lamprea cunha mestra de excepción: unha muller de Pontecesures que non dubidou en compartir con el segredos que teñen anos de historia.

¿Cales son eses segredos?
O principal, o máis importante de todos é a limpeza. A lamprea hai que saber limpala: ten o limo, o fel, os dentes e o sangue, porque non deixa de ser un vampiro.

E á hora de cociñala, ¿por que receita se inclina?
Eu, polo toque de canela. ? un truquiño que me ensino unha muller de Cesures. Foi ela a que me ensinou a traballar a lamprea, tano a limpala como a cociñala, e o do toque da canela é algo moi especial.

Vso que aprende vostede cos mellores mestres…….
A ver, todos podemos inventar cousas, pero a base, a tradición, esa téñena as nais, as avoas, elas son as que teñen ese pequeno toque de canela…
Vostede que é cociñeiro seguro que é quen de dicir a que sabe a lamprea….
A lamprea é algo moi especial. ? un produto que hai que probalo, porque se te fías do aspecto…uff. Para min é un luxo, pola calidade quke ten. Pero definir o sabor…Non sabería dicilo. Na miña vida probei nada que se lle asemelle, e mira que probei cousas.

LA VOZ DE GALICIA, 24/03/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.