I Concurso de microcurtas “MOBILÍZATE” do Concello de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

O Concello de Pontecesures convoca este certame de pequenas curtametraxes elaboradas con teléfonos móbiles dirixido a estudantes da ESO ou de Bacharelato dos centros educativos de toda Galicia. A idade para participar neste concurso é de 14 a 20 anos.

Para o mellor desenvolvemento desta actividade levaráse a cabo a través do centros educativos.

Este concurso crease cos seguintes obxectivos:

–   Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado galego.

–     Promover o traballo en equipo.

–     Dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación estudiantil.

–     Empregar as novas tecnoloxías como un espazo para a creación.

O prazo de inscricións e de entrega das microcurtas é dende o 16 de abril ata o 15 de maio.

PREMIOS: (Serán entregados o 18 de maio no Concello de Pontecesures)

Lote de libros á mellor microcurta

Lote de libros ao mellor guión

Lote de libros á mellor interpretación

Lote de libros á microcurta preferida do público

Máis información ,consulta das bases do concurso e descarga do formulario de inscrición no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=332

 

 


3 comentarios

sobreiras · 17-04-2012 ás 18:04

Sr. Roque Araújo, deixe vostede de usar a cor encarnada do PSOE para os carteis oficiais do concello de Pontecesures, respete a institución e que se poñan as cores oficiais do escudo do concello que para iso o temos, deixe de facer de facer politica

qepasadamonada · 17-04-2012 ás 20:50

sobreiras, parece mais rosa fucsia que vermello, será que e vostede daltonico e non distingue ben ás cores??? ultimamente por todos os seus comentarios parece un “amargado” sempre a protestar por todo, non sei asemellase moito a alguén e non consigo acordarme de a quen exactamente, pero e que neste pequeno pobo, todo se pega ….

papagos · 18-04-2012 ás 08:52

Tes razón “sobreiras” e se te fixas ben, ves a mensaxe subliminal que leva o cartel: “vota Psoe”.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.