Escrito da ACP enviado aos pais/nais dos nenos/as da escola infantil de Pontecesures sobre a suba das taxas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Estimado pai/nai:

Tiña a intención de enviar este escrito ao seu nome como usuario da escola infantil de Pontecesures, pero no propio concello negáronse a darme os datos e véxome a obriga de dirixirme deste xeito.

No Pleno do pasado 26 de marzo cos votos dos integrantes do goberno local incrementáronse os prezos pola asistencia á gardería de 110 a 160 euros (sobre esa cifra logo cada familia paga a súa cota en función da súa renda e doutras consideracións), botándolle a culpa da suba ao recente decreto onde se elevan as taxas das garderías da Xunta. Parece ser que o mesmo foi o que se lle dixo a vostedes nunha reunión que tiveron co concelleiro de educación.

Pois ben; isto non é certo porque as taxas fixadas pola Xunta para as súas garderías son taxas máximas para outras como a nosa. O Concello de Pontecesures pode fixar unha contía inferior aos 160 euros e pode seguir contando igualmente coa subvención da administración autonómica. Parécenos un engano dar ese tipo de información e tamén que o goberno local trate de cobrar os novos prezos de inmediato sen esperar a que remate o curso escolar.

A ACP ademais de votar en contra no Pleno dunha suba tan elevada, desexa informarlles desta actitude do grupo de goberno que quere botarlle a culpa á Xunta da suba dos prezos cando pode perfectamente decidir unha suba menor.

Para rematar, tamén quero informarlle que a suba está aprobada, ata o de agora, provisionalmente, e que ata o 23 de maio poden presentarse reclamacións nas oficinas municipais contra dita aprobación.

Un saúdo.

Pontecesures, 19 de abril de 2012

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


1 comentario

Tiroliro II · 23-04-2012 a las 18:46

Moi correcto o escrito, si esto e certo Roque o concelleiro encargado da gardería queda tocado e non se pode crer xa nada nel, cando se minte no pleno e os pais malo, calquera cousa, indignidade.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.