Programa de Fegaclasic 2012.
Sábado 5 de maio.
-11:00 h. Apertura da feira
-11:30 h. Comezarán as inspeccións técnicas de vehículos (ITV móbil) para automóbiles de máis de 25 anos e continuarán ata ás 18:00 horas.
-18:30 h. Xincana moto clásica.
-22:00 h. Peche da primeira xornada.
Domingo, 6 de maio.
-10:00 h. Apertura da feira.
-13:00 h. Acto de homenaxe aos precursores das Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures (1925, 1926, 1950 e 1954). Realizarase unha ofrenda floral no monumento conmemorativo «O Coche de Pedra» a cargo de Manuel Enrique Llerena, veciño de Pontecesures, que estivo presente en todas as edicións. A continuación visitarán a feira as autoridades asistentes.
-22.00 h. Peche da segunda xornada.
EVENTOS QUE TERÁN LUGAR DURANTE OS DOUS DÍAS DE FEGACLASIC.
A partir da apertura de Feira poderanse visitar dentro do recinto oficial diferentes eventos que estarán activos ao longo das dúas xornadas.
-Exposición sobre as antigas Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures. A mostra fai un percorrido polas catro edicións repasando aspectos organizativos e a repercusión na prensa da época.
-Exposición de carteis da Dirección Xeral de Tráfico con campañas de sensibilización sobre diferentes aspectos da seguridade vial realizadas nos últimos 50 anos.
-Exposición de fotografías antigas de Pontecesures e as súas xentes.
-Conferencias sobre seguridade civil a cargo de persoal experto. Os temas que se desenvolverán xirarán arredor do comportamento en caso de incendios, inundación, etc..
-Exposición de motores: SEAT 127, SEAT 850 e un Ajuria da exposición de 1926 empregado para diferentes labores agrícolas e forestais.
-Mercado de recambios e pezas de coleccionista, exposición e venda de automóbiles clásicos, motocicletas, vehícuoos industriais, agrícolas, etc…
-Espazo didáctico no que se recreará un taller mecánico. Un experto realizará traballos de restauración sobre un Fiat Balilla de 1937.
Os días 7, 8, 9 e 10 de maio, instalarase un parque de educación vial en colaboración con Dirección Xeral de Tráfico no que se realizarán actividades destinadas aos rapaces e rapazas que visiten o parque. Neses días visitarán a feira os escolares de Pontecesures.
Organiza Fegaclasic a Agrupación Cultural «Mirándolle os Dentes» e colaboran o Concello de Pontecesures, Transportes y Grúas Estación, Radio Valga, Novagalicia Banco, Caixabank, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Dirección Xeral de Tráfico.
0 comentarios