NOTA DAS TRABALLADORAS DA EIM

Publicado por Carmen Barreiro en

as traballadoras da EIM (Gardería)

Ola. Gustaríame poder facer unha aclaración co tema que se está a divulgar na páxina de Pontecesures referente as traballadoras da EIM

A continuación vou poñer o que me pediron que publicara:

AS TRABALLADORAS DA GARDERIA AFIRMAN E DESMINTEN que:

En ningún momento nin o Sr. Sabariz, nin outros membros da oposición puxéronse en contacto con elas para saber do problema que están a sufrir, o único que se achegou ata diante da gardería foi o representante do PP cesureño para facer unha foto a pancarta que agora está a circular polos medios de comunicación.

Tamén queren aclarar que os que son agora oposición xa sabían dos problemas e non fixeron nada o contrario do actual goberno.

Piden a Sabariz enérxicamente que non as utilice de moeda de cambio nos seus intereses políticos xa que cando pudo non fixo.
Queren aclarar tamén que o único que fixeron foi poñer unha pancarta no exterior das instalacións, pero que en ningún momento deron información do que estaba acontecendo.

Dende o momento que o Sr. Sabariz decideu sin saber e sin preguntar divulgar o tema, algunhas das traballadoras están a sufrir presions e desprecios que non teñen porque.

O único que piden as traballadoras e poder traballar dignamente.

Espero que se poida poñer esta nota para axudar de algunha maneira a aplacar toda esta furia que se está a desatar.

Un Saudo


7 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-05-2012 a las 00:08

Teño que dicirlle as traballadoras da escola infantil que eu non utilizo a ninguén e limiteime a solidarizarme con un colectivo dun servizo municipal que non cobra puntualmente. Resulta patético o argumento de dicir que puxeron unha pancarta no exterior da instalación pero «que en ningún momento deron información do que estaba acontecendo». ¿Pero en que quedamos? ¿Que seriedade é esa?. Ao feito, peito. Cando se coloca unha pancarta na vía pública é, aquí ou en calquera localidade, para que se coñeza un problema, para reivindicar una solución, para que a opinión pública teña coñecemento dunha reivindicación.

Agora resulta que a oposición é a culpable de que non cobren, e que o goberno é o único que se preocupa por elas. Por iso colocan unha pancarta despois de levar un ano os actuais gobernantes á fronte do concello.

A pancarta tiña unha mensaxe clarísima. Senón querían que se coñecera o impago, ¿Para que a puxeron?. Non me estraña nada o contido desta nota e a volta atrás, e debían aclarar de quen sufren as presións as traballadoras. Non hai cousa máis triste na vida que non poder expresar libremente as opinións.

pulga · 18-05-2012 a las 09:07

que non sirva de precedente, pero teño que darlle a razón a Sabariz. No momento en que se pon a pancarta está claro que queren que todo o mundo sepa o que pasa. Si por eso levaron un toque por parte de alguen, e un risco que tiñan que ter valorado antes. Con todo esto teño que dicir que estou da parte das traballadoras. Si traballas tes dereito a que che paguen e que non xoguen co teu soldo. Si a empresa ten problemas cas administracións ou cos concellos os empleados non teñen a culpa. Por desgracia esta situación está pasando en moitas empresas e como sempre paganas os mais vulnerables que son os traballadores.

Princo · 18-05-2012 a las 11:12

Mais do mesmo. Saba facendo amigos alá por donde vai

manolo o do bombo · 18-05-2012 a las 12:14

Sabariz e un irresponsable ,quere sacar tallada de todo,e de nada lle vale bastante problema teñen as traballadoras si non cobran,animo para todas,ó que pasa neste noso pobo e poñerlle a zancadilla a todo….

monchita · 18-05-2012 a las 14:26

Outra nota das traballadoras:
a) desmentimos que fixeramos nos a pancarta.
b)quena fixo foi o Sr. Sabariz.
c)ninguén nos presiona nin nos desprecia.

outro · 18-05-2012 a las 19:06

Isto é delicado ata o extremo, pero chegamos a un punto donde pasa a ser inexplicable. A ver se alguén aclara algo. Por unha banda hai unha nota das traballadoras da gardería que publica Carmen Barreiro, donde se di:
«Queren aclarar tamén que o único que fixeron foi poñer unha pancarta no exterior das instalacións…»
E agora aparece Monchita decindo:
a) desmentimos que fixeramos nos a pancarta.
b)quen a fixo foi o Sr. Sabariz.
¿quen da mais?

sobreiras · 18-05-2012 a las 19:15

Surrealismo puro este das traballadoras da gardería, teñen medo, meteronlle unha bronca de moito carallo e achantaron ao minuto, parece unha nota feita ca pistola no peito, din que o goberno de cesures se moveu por elas, si home si, tanto se moveu que tiveron que poñer a pancarta, e un tema delas, da empresa e do goberno que temos, este Roque anda por aí de pasmarote e non se entera ou que?
Din agora as da garderia que os protagonistas son Sabariz, o do PP que sacou a foto, a prensa, internet…que cousas

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.