Padrón acollerá un curso de verán da USC en materia de igualdade.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Directores de prestixio debatirán en mesas redondas a viabilidade dos filmes sociais.

O municipio de Padrón acollerá entre o 6 e o 8 de setembro un curso de verán da USC (Universidade de Santiago de Compostela), que leva por título Cine social dende unha perspectiva de xénero. Así o deron a coñecer onte nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Antonio Fernández; a concelleira de Igualdade, Carmen Lois, o profesor e director do curso, Jorge Marín e a directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Padrón, Manuela Cabero.

Nas distintas mesas redondas que están programadas participarán directores, productoras e actores de recoñecido prestixio autonómico e nacional que debatirán sobre a viabilidade dos filmes sociais.

Segundo explicaron onte, as xornadas terán unha duración de 25 horas e conxugarán aspectos teóricos e prácticos traballados polo persoal docente universitario e non universitario, xunto con directores e productoras.

O contido temático articúlase en catro bloques: a linguaxe do cine, historia do cine social, a socioloxía e a didáctica, todos cun carácter eminentemente práctico. Para íso non só ses empregará o formato relatorio e mesa redonda, senón que se pretende levar a aprendizaxe á rúa, para chegar á cidadanía, a través da elaboración de perfomances.

O prazo de matriculación para os interesado xa está aberto. A información pódese consultar na área de Cultura da USC, no twitter, además de notras redes sociais.

A importancia da muller no cine galego quedará ademais reflectida coa celebración dunha mesa redonda arredor da figura de Chano Piñiero, un dos principais expoñentes do cine social galego.

Entre os directores asistentes xa confirmados atópanse Javier Balaguer (Solo mía) e Sandra Cachaza (Tralas luces).

EL CORREO GALLEGO, 17/05/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.