Charla informativa para cursos de idiomas en Pontecesures.
O Concello de Pontecesures, en colaboración con AEVU (ASOCIACI?N DE EMPRESARIOS ULLA-UMIA) vai poñer en funcionamento no vindeiro curso 2012-2013 (outubro-maio) unha Escola de Idiomas para a impartición de: inglés, francés e alemán.
A Escola vai dirixida dende nenos ata adultos, asemesmo terá cursos especializados para empresas ou colectivos que demanden unha formación específica.
WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS, responsable da impartición conta con gran experiencia e oferta unha interesante relación calidade ??prezo.
O Centro WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS é examinador oficial de Trinity College London, preparando aos alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames evalúan o nivel das habilidades tanto orais como escritas do alumno e están recoñocidos en todo o mundo, polo que os nenos poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University.
Francés: Certificados correspondentes aos diferentes niveis do marco europeo que outorga a Alianza Francesa.
Alemán: Certificados que outorga o Instituto Goethe.
Ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.
En canto ao horario, os grupos terán horarios de mañá/tarde/noite dacordo coa demanda.
Co fin de comenzar coa preinscrición do curso 2012-2013, convócase a tódolos interesados a presentación do proxecto.
DIA: XOVES 31 DE MAIO
LUGAR: CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.
HORA: 20.30
0 comentarios