O goberno aprobou definitivamente a suba das taxas da piscina e da escola infantil. Nota do concelleiro da ACP.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ámbalas dúas subas foron aprobadas definitivamente polo goberno local, ao rexeitar as alegacións presentadas. Houbo 5 votos favorables ao rexeite por parte do goberno local (BNG e PSOE, o representante de TeGa, Ángel Souto, non asistiu á sesión por enfermidade) e 4 en contra (PP,IP,e ACP, a exalcaldesa Maribel Castro de IP non estivo presente no pleno).

Respecto á ordenaza fiscal da taxa da piscina e outras instalacións deportivas, presentouse un escrito de reclamacións asinado por 11 persoas. A suba aprobada inicialmente polo goberno local era pasar da taxa da piscina de 0,45 euros a 1.50 euros os menores de 12 anos, e de 1,20 a 3 euros os maiores desa idade. Os reclamantes fixeron a proposta de que os prezos queden en 0.90 euros para os menores de 12 anos, e en 1.80 euros para os maiores desa idade. Fun o único concelleiro que tomei a palabra neste punto e apoiei a reclamación indicando que era constructiva e que a suba proposta polo equipo de goberno é disparatada para as economías familiares nestes tempos de crise e que se pon en risco de desaparición a actividade lúdica e deportiva. Tamén considerei lamentable que o alcalde nin sequera lera a reclamación aos asistentes, e que ninguén do equipo de goberno se molestase para debater ou razonar o rexeite do texto. Parece que se quere aplicar o rodillo. Aínda que fora por respecto, os asinantes da reclamación, que molestáronse en facer unha proposta, non merecen ese desinterese do equipo de goberno.

A votación da suba das taxas da escola infantil foi a mesma e así rexeitouse a reclamación dun veciño que pretendía que as novas taxas entren en vigor o 1 de setembro de 2012 para o vindeiro curso escolar, xa que os pais actuais que tiñan unhas previsións de pago de taxas na mesma contía mensual no curso actual 2011/2012 non tiñan porque soportar estas subas neste propio curso. Tamén fun o único en intervir neste punto e apoiei a reclamación, lembrándolle ao concelleiro de educación, Roque Araújo, que o goberno local fixou as novas taxas cos importes máximos do novo decreto da Xunta, cando era posible fixar cantidades inferiores, e que así non dixo á verdade aos usuarios botándolle a culpa da suba a administración autonómica indebidamente. Tamén considerei triste que tampouco o alcalde lera a reclamación, e que ninguén do goberno local debatera ou razonara o rexeite da proposta. O veciño asinante da reclamación estaba no salón de sesións como espectador, e aínda que fora por educación e respecto, merecía escoitar os razoamentos do rexeite e non a calada por resposta en forma de votos e punto. Non estraña que a impresión que se leva esta persoa da actitude do goberno no pleno sexa moi negativa.

Pontecesures, 29/05/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


3 comentarios

piris · 31-05-2012 a las 00:30

Da lectura desta entrada dedúcese que ,como é lóxico, os membros da corporación (goberno e oposición) teñen información sobre a identidade das persoas que ,no seu lexítimo dereito, presentan alegacións ou reclamacións ás propostas ou proxectos dos equipos de goberno.
Persoalmente considero que esta informacion debría ser pública, xa que creo que iso non vulneraría ningún dereito individual (é unha simple opinión dun leigo na materia), pero que nos permitiría coñecer se estas alegacións son realmente expresión das preocupacións e inquietudes dos veciños ou, pola contra, son dispositivos empregados polas oposición para atacar os gobernos correspondentes.
Non se pode negar que unha alegación á suba das tarifas da piscina (non entro a valorala) presentada por 11 persoas, coincide exactamente no número cos integrantes de calquera candidatura ás eleccións municipais no noso pobo. Será coincidencia…? . Porque poderían ser nove ou trece… verdade?

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2012 a las 16:47

Pois vai á Casa do Concello, «piris» e que che deixen consultar as reclamacións. Deixate de dispositivos de ataques e doutras desconsideracións cos asinantes, parece que cando alguén ten unha iniciativa ten que ser porque está dirixido por alguén (mal endémico nesta vila). O importante é o contido dunhas reclamacións que eu defendo totalmente. As novas tarifas para a piscina fixadas polo goberno local son desorbitadas e o de subir agora, sen rematar o curso, as taxas da gardería paréceme unha tomadura de pelo aos pais/nais. E a frase de Roque Araújo na prensa dicindo «nos imos cumplir legalmente o que estipula a Xunta», un engano total. Para nada se impón que os novos prexos teñan que entrar en vigor agora e, na actualidade, todas as garderías que xestionan os concellos como o de Pontecesures poden fixar taxas por debaixo dos prezos máximos do decreto da Xunta e seguir optando ás subvencións da administración autonómica. ? triste aproveitarse da desinformación cidadá para dicir estas cousas e quedarse tan pancho.
Por útimo, quero expresar o meu recoñecemento aos asinantes das reclamacións. Deron a cara e trataron de defendernos a todos. Moitas grazas e un aplauso pola miña parte.

Cara de cona · 31-05-2012 a las 19:13

Piris….vai ali o concello….pidelle ao Tacón o escrito…..haber si non che saen ca proteccion de datos……dixeronme que firmaron todos ca pistola que lle puxo o Saba no peito……ofreceulle a cada un un traballo na Nestlé……ali o queren moi ben……por eso o invitaron a festa do outro día…jo…jo…jo…..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.