A ACP non entende como a 9 días das Festas do Carme 2012 nin se coñece o programa.
As Festas do Carme este ano celébranse os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo, pero realmente pouco máis sabemos. Nin programa, nin cartel nin nada de nada. Ante isto matizamos:
1. Non entendemos como despois de levar máis dun ano o goberno local no poder, estamos case a unha semana das celebracións e nada se coñece dos actos.
2. Tampouco é normal que en todo este tempo, o goberno local non fora quen de lograr que houbese unha comisión encargada, alomenos, de recadar os donativos das familias para os festexos. Non hai capacidade de traballo, falta ilusión e os eventos festivos para o goberno local son máis unha obriga que outra cousa.
3. Ninguén sabe que cometido realiza a concelleira de cultura, Margarita García Castro, na organización das festas, e porque as xestións as está a levar a súa compañeira nacionalista, Cecilia Tarela, cando esta última é concelleira de medio ambiente urbano, muller e xuventude.
4. Tampouco ninguén sabe se o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira decide algo en relación cos festexos ou con outros temas municipais. A cidadanía percibe que temos un alcalde «de miranda», que nin vive na vila, nin se implica, nin se atopa por ningunha parte.
Naturalmente toda esta inoperancia e desorganización fai espertar todo tipo de rumores na rúa en canto ao funcionamento do equipo de goberno. Da a sensación de que as decisións sobre as festas da concelleira Cecilia Tarela non son consensuadas e tampouco son ben recibidas por outros membros do goberno local e que esta concelleira vai «a súa bola». Lamentablemente estes desencontros sempre afectan no programa das festas para prexuizo de todos.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
2 comentarios
yop · 22-06-2012 a las 14:46
Estou de acordo….
pulga · 23-06-2012 a las 12:42
Por unha vez estou dacordo. Pero tamen entendo que nadie queira coller a comisión das festas, porque despois hai os tipicos comentarios de que si quedaron con cartos, que menudas festas de m…, pero a xente quere festas por todolo alto pero tampouco queren dar para elas. O da concelleira de cultura, eso existe en Cesures? porque a verdade e que moito non se nota. E se está Cecilia no medio temolo chungo para as festas. E por outro lado Cesures ten o que merece