Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

A ACP non entende como a 9 días das Festas do Carme 2012 nin se coñece o programa.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

As Festas do Carme este ano celébranse os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo, pero realmente pouco máis sabemos. Nin programa, nin cartel nin nada de nada. Ante isto matizamos:

1. Non entendemos como despois de levar máis dun ano o goberno local no poder, estamos case a unha semana das celebracións e nada se coñece dos actos.

2. Tampouco é normal que en todo este tempo, o goberno local non fora quen de lograr que houbese unha comisión encargada, alomenos, de recadar os donativos das familias para os festexos. Non hai capacidade de traballo, falta ilusión e os eventos festivos para o goberno local son máis unha obriga que outra cousa.

3. Ninguén sabe que cometido realiza a concelleira de cultura, Margarita García Castro, na organización das festas, e porque as xestións as está a levar a súa compañeira nacionalista, Cecilia Tarela, cando esta última é concelleira de medio ambiente urbano, muller e xuventude.

4. Tampouco ninguén sabe se o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira decide algo en relación cos festexos ou con outros temas municipais. A cidadanía percibe que temos un alcalde “de miranda”, que nin vive na vila, nin se implica, nin se atopa por ningunha parte.

Naturalmente toda esta inoperancia e desorganización fai espertar todo tipo de rumores na rúa en canto ao funcionamento do equipo de goberno. Da a sensación de que as decisións sobre as festas da concelleira Cecilia Tarela non son consensuadas e tampouco son ben recibidas por outros membros do goberno local e que esta concelleira vai “a súa bola”. Lamentablemente estes desencontros sempre afectan no programa das festas para prexuizo de todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. yop

    Estou de acordo….

    Responder
  2. pulga

    Por unha vez estou dacordo. Pero tamen entendo que nadie queira coller a comisión das festas, porque despois hai os tipicos comentarios de que si quedaron con cartos, que menudas festas de m…, pero a xente quere festas por todolo alto pero tampouco queren dar para elas. O da concelleira de cultura, eso existe en Cesures? porque a verdade e que moito non se nota. E se está Cecilia no medio temolo chungo para as festas. E por outro lado Cesures ten o que merece

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.