Nota íntegra do PP de Pontecesures sobre a solicitude de datos dos vehículos municipales.
Pontecesures, 26 de xuño de 2012.- O voceiro do PP de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, presentou o pasado 9 de xuño unha instancia no Concello na que solicitaba a documentación acreditativa do cumprimento, por parte dos vehículos municipais cos que conta o Concello, da correspondente ITV e demais documentos acreditativos da vixencia de seguros e permisos de circulación.
Con todo, os populares sinalan, que a pesar de que transcorreron máis de 15 días desde que o Grupo Popular fixo esta solicitude, esta información aínda non foi facilitada polo equipo de Goberno.
O Grupo Popular decidiu solicitar por escrito a exposición de dita documentación ??á vista do estado que presentan algúns destes vehículos e pola actividade á que se destinan, xa que é habitual que se fagan traslados de traballadores municipais, así como aconteceu nos últimos días polos traballadores contratados dentro do plan de emprego da Deputación de Pontevedra?.
Outros vehículos municipais, tamén se usan habitualmente por asociación deportivas do Concello para o traslado dos nenos e adultos a eventos deportivos e competicións previa solicitude por parte dos interesados.
??? lóxico, (afirman os membros do grupo municipal do PP), que nos interesemos polo estado no que se atopan estes vehículos e por comprobar se cumpren estritamente coa lexislación vixente en materia de circulación?.
Os populares inciden, ao igual que xa o fixeron con anterioridade outras forzas políticas, na falta de axilidade do actual equipo de goberno á hora de facilitar aos grupos da oposición a información que se lles solicita. ??Neste caso estamos solicitando unha información que non é complexa nin necesita a elaboración de ningún informe, trátase de documentación de carácter preventivo ou administrativo que debe ser custodiada, comprobada e actualizada periodicamente por parte dos responsables de maquinaria de obras coa única finalidade de cumprir en materia de lexislación de seguridade e circulación, comprobar que os vehículos están dentro dos límites da legalidade?, sinala o voceiro popular.
1 comentario
ven te vexo · 28-06-2012 a las 20:56
Por fin, logo de tantos ruxe ruxe, se o rexedor ten a ben, poderemos coñecer o estado legal dos vehículos que se adican a transportar os traballadores do concello e da diputación. Sempre podemos solicitar esa información a tráfico ademáis de consultar se ir sentados enriba da maquinaria ou sentados en sillas de praia na parte traseira da furgoneta se cingue á legalidade vixente. Graciñas.