Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Nota íntegra do PP de Pontecesures sobre a solicitude de datos dos vehículos municipales.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Pontecesures, 26 de xuño de 2012.- O voceiro do PP de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, presentou o pasado 9 de xuño unha instancia no Concello na que solicitaba a documentación acreditativa do cumprimento, por parte dos vehículos municipais cos que conta o Concello, da correspondente ITV e demais documentos acreditativos da vixencia de seguros e permisos de circulación.

Con todo, os populares sinalan, que a pesar de que transcorreron máis de 15 días desde que o Grupo Popular fixo esta solicitude, esta información aínda non foi facilitada polo equipo de Goberno.

O Grupo Popular decidiu solicitar por escrito a exposición de dita documentación â??á vista do estado que presentan algúns destes vehículos e pola actividade á que se destinan, xa que é habitual que se fagan traslados de traballadores municipais, así como aconteceu nos últimos días polos traballadores contratados dentro do plan de emprego da Deputación de Pontevedraâ?�.

Outros vehículos municipais, tamén se usan habitualmente por asociación deportivas do Concello para o traslado dos nenos e adultos a eventos deportivos e competicións previa solicitude por parte dos interesados.

â??Ã? lóxico, (afirman os membros do grupo municipal do PP), que nos interesemos polo estado no que se atopan estes vehículos e por comprobar se cumpren estritamente coa lexislación vixente en materia de circulaciónâ?�.

Os populares inciden, ao igual que xa o fixeron con anterioridade outras forzas políticas, na falta de axilidade do actual equipo de goberno á hora de facilitar aos grupos da oposición a información que se lles solicita. â??Neste caso estamos solicitando unha información que non é complexa nin necesita a elaboración de ningún informe, trátase de documentación de carácter preventivo ou administrativo que debe ser custodiada, comprobada e actualizada periodicamente por parte dos responsables de maquinaria de obras coa única finalidade de cumprir en materia de lexislación de seguridade e circulación, comprobar que os vehículos están dentro dos límites da legalidadeâ?�, sinala o voceiro popular.

Máis sobre isto

1 comentario

  1. ven te vexo

    Por fin, logo de tantos ruxe ruxe, se o rexedor ten a ben, poderemos coñecer o estado legal dos vehículos que se adican a transportar os traballadores do concello e da diputación. Sempre podemos solicitar esa información a tráfico ademáis de consultar se ir sentados enriba da maquinaria ou sentados en sillas de praia na parte traseira da furgoneta se cingue á legalidade vixente. Graciñas.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.