A fonte da Fontaíña de Porto non interesa ao goberno local de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Por parte do goberno anterior foron realizadas unha serie de actuacións ná rúa Fontaiña do lugar de Porto. Ademais do anchemento da rúa nun punto estreito, foi recuperada a antiga fonte e acondicionado un pequeno espazo con arranxo do saneamento. Tan só quedaba ultimar os detalles, pero o goberno local pasa do tema, e deixa todo completamente abandoado como se aprecia nas fotografías.
? unha mágoa que non se coiden os investimentos que se deixan. Resulta frustrante arranxar unha fonte despois de tantos anos para despois deixala abandoada.

Pontecesures, 27/06/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

ven te vexo · 29-06-2012 ás 08:56

Non sei a.quen lle extraña, núnca estivo o pobo tan descoidado. No canto de sacarlle partido ós operarios temporais da Deputación, o que vemos é algún encargado municipal dous metros detras deles pasando revista, sin encartar o lombo e facendo de chofer. Os contratos fixos é o que teñen, ah nas horas extras si que se encarta o lombo. Graciñas.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.