As silvas van estreitando a rúa Caldeirón de Arriba a carón da ampliación realizada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno anterior mellorou de xeito considerable a rúa Caldeirón de Arriba ampliando oas accesos ao interior de Porto dende a rúa Fontaíña. Pois ben; pouco antes de chegar á zona do ancheamento medran as silvas nunha marxe da pista e invaden parte da mesma. De pouco vale executar obras de ampliación das pistas, se logo quedan invadidas pola maleza as zonas adxacentes.

A situación provoca as queixas dos veciños e dende a ACP solicitamos ao goberno local que se adopten as medidas para que a rúa Caldeirón de Arriba quede libre de maleza.

Pontecesures, 05/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


7 comentarios

palikero · 5-07-2012 a las 21:25

din os de porto que o goberno anterior deixou os «postes da corriente» no medio dos viais mellorados, melloras de entradas particulares «sen uso» mermando o acceso publico, contabanme no pontellon que os veciños viron incrementado o trafico e disminuida a seguridade cando salen da porta da casa,… pola de jabino o raposo coches parriba e pabaixo a toda ostia, seique dixo «e pa eso joderonme o jaliñeiro»…as silvas cortanse pero esto ten dificil arreglo…ese foi o joberno anterior…

Princo · 5-07-2012 a las 23:08

Dios non o queira, pero si algún dia chegas a gobernar, aver si este tipo de noticias son igual de asiduas por aquí.
Todos sabemos que non, o que importa é o que importa.

Hai que ver, o que é ter tempo libre e estar folgado de todo..

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-07-2012 a las 23:45

Pois non estou de acordo contigo, «palikero», para min as obras das laxes de Porto quedaron realmente ben e nunca escoitei comentarios negativos sobre a súa execución. Hai que trasladar todavía algún poste sí, e pode haber algún problema de tráfico. Pero o goberno municipal que temos está para xestionar e solucionar estas cuestións, e xa leva máis dun ano no poder.

Para darse conta do das silvas denunciadas na rúa Caldeirón de Arriba, «Princo», non hai que ter moito tempo libre. Tan só o xusto para dar unha voltiña polas rúas de cando en vez e escoitar as queixas falando coa xente. Iso é un dos cometidos da oposición.

palikero · 7-07-2012 a las 08:19

pois falando coa xente e dando unha voltiña polas rúas de cando en vez, escoitanse as queixas, que non se queren oir; como miles de euros gastados (por propia decision) nos dias previos as eleccions municipais, con asfaltados de ultima hora, a loliña a cheira, en condide diante da de batalla, etc. «asfaltados express» ..resultado electoral ? (nin con esas trampas) ; outros miles de euros en feiras «paralelas do automovil»…e logo fala de silvas no caldeiron… mellor que se dedique o tren….non deixa nunca de sorprender que remita estas cousas a medios de comunicacion… que cando o publican indica claramente o «nivel do medio».

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-07-2012 a las 09:37

Expóñense deficiencias para que se arranxen e ti, «palikero» reaccionas aludindo a accións do goberno anterior. As pistas das que falas foron acondicionadas porque estaban en moi mal estado e isto xa foi debatido e explicado varias veces.
Pero outros son os que nos gobernan agora, levan ano e pico no pode e o que ten que facer e conquerir recursos e facer cousas. E pouco se ve, esa é a verdade.
O máis precupante de todo, e que ataques ao medio de comunicación que publicou a nova que enviei. Prefieres que non se publiquen as cousas e iso sona a intolerancia. Os medios deben ter o seu criterio para publicar ou non publicar as novas e non se debe tratar de influir nese criterio. Eu nunca o fixen.

palikero · 7-07-2012 a las 10:36

ti cres que é noticia as silvas van estreitando o caldeiron darriba? ti cres que esa é unha noticia deste pueblo para enviar a publicar….a mesma fotografia demostra que tal cousa non é… en serio, deixa esto, unha vez máis, deixa esto porque me da que empezamos a non diferenciar….

Princo · 7-07-2012 a las 10:47

O dos medios, nn fai falta ser moi listo para saber porqué tanto caso lle fan…

E por certo, en tempos de crise, e nun dos momentos nos que os concellos teñen menos cartos que nunca, noticias como esta, demostran que a oposicion de cesures, quere colaborar pouco ou nada co goberno. Cun pouco de sentido común e de política, verías que cousas asi, hoxe en dia, non son prioridade

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.