Rematan as obras de derribo dunhas casas en ruinas na Rúa Diputación
Logo das queixas dos veciños da zona do estado en ruinas dunhas casas, nun caleixón da Rúa Diputación, e tras as xestións feitas polo equipo de goberno cos propietarios, no día de hoxe remataron as obras do derribo.
O estado ruinoso das casas supoñía non soamente un perigo de caida de escombros senón que tamén provocaba a falta de salubridade na zona (silvas e maleza así como todo tipo de bichos como lagartos, ratas, serpes, etc)
Aproveitando a ocasión operarios de obras do concello colocaron esta mañán un tubo de drenaxe e acondicionaron o lugar con gravilla para recoller as augas que se acumulaban na zona.
Este equipo de goberno quere agradecer ós veciños afectados a súa comprensión así como ós propietarios a súa colaboración.
Estado da zona antes das obras:
Estado da zona despois das obras:
4 comentarios
Princo · 9-07-2012 a las 17:04
Esta ben o detalle de mostrar fotos de antes e despois.
Á verdade e que daba pena antes!
morocha · 9-07-2012 a las 19:02
el expediente para derribar estas casas se debió iniciar hace mucho tiempo, o fuer0n por urgencia, porque la casa que está al lado de los chinos lleva para tirarse un montooooón de tieeeempo….
Tiroliro II · 10-07-2012 a las 20:05
Si o goberno local nos lle ten que poñer o altavoz a estas cousas, e que pouco mais ten que decir, nin se consigue nada nin se fai nada, que tempo perdido!, non funciona nin o reloj da igrexa, mal sintoma
Princo · 10-07-2012 a las 23:27
Grazas pola tua útil aportacion Tiroliro, coma sempre 🙂
Por certo, aprende a expresarte.