Precisións sobre o reloxo da Plazuela que foi mercado polo concello.
Para ter unha opinión máis fundamentada vou facer un pouco de historia do asunto do reloxo da Igrexa de Pontecesures. En 1999, xa ocupando o cargo de alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, e gobernando o tripartito BNG/ACP/PSOE, houbo una iniciativa (moi boa, por certo) dos concelleiros socialistas Enrique José Herránz Grela e ?scar Gerpe Rodríguez para mercar un novo reloxo, xa con tecnoloxía moderna, porque o vello xa levaba moito tempo sen funcionar. Abriuse unha conta, e o reloxo penso que se financiou totalmente con donativos de empresas e comercios. Mercou o reloxo o concello con estes cartos na Reloxería Pagán de Vigo e con factura emitida a nome do concello. Lembro que o novo reloxo inaugurouse na fría noite de fin de ano de 1999, cunha festiña organizada polo concello con uvas na Plazuela para recibir o novo século e un cartel luminoso na fachada da igrexa que dicía: ??Feliz ano 2000?.
Con posterioridade, nalgunha ocasión, estando no goberno, chamei eu á reloxería de Vigo, porque nos cambios de hora de abril ou outubro o reloxo non correxía os adiantos ou atrasos da hora nas agullas de xeito automático. Viñeron aquí técnicos de dita reloxería e corrixiron a situación.
Agora temos a avaría e xa se nos presenta a seguinte dúbida: ¿De quen é o reloxo?. Penso que é unha discusión irrelevante porque este reloxo exterior é util para os feligreses en particular e para todo o pobo ao estar na Plazuela. Así o concello debe intervir neste tema para que se arranxe o reloxo xestionando co párroco a mellor solución para todos. Non debe darse esta situación de abandono nin un día mais.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
20 comentarios
Caminante · 13-07-2012 a las 15:42
Pois unha vez sabido e «fundamentado», peor todavía. Ou sexa, que ainda por riba de donar a igrexa un novo reloxio grazas a xenerosidade de comerciantes e empresarios, agora que se avaría, está a dicir que o concello de Pontecesures ten que selo que asuma os gastos do arranxo?
Creo que na situación económica actual, a que por certo, vostede alude asiduamente para os seus partidistas e populistas intereses, a Igrexa está en mellores condicións de asumir o custe polo arranxo do reloxio da igrexa que o que pode estar este o calquer outro concello.
Pero claro, e repítome, as obsesións enfermizas dan para o que dan.
Vou permitirme trastocar un coñecido refrán dun todavía máis coñecido e universal libro; «con Sabariz hemos topado».
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-07-2012 a las 16:32
Estou informando con total claridade do sucedido en canto a adquisición do reloxo, estou pedindo ao goberno local que interveña para que funcione xa que fai un bo servizo na praza da vila e nin sequera indiquei quen debe afrontar o custo. Chamarlle enfermo obsesivo a un veciño, e concelleiro, que quere que funcione o reloxo parece un pouco forte, «Caminante». En fin, teño que aguantar porque non queda outra.
Caminante · 13-07-2012 a las 17:39
Perdoa que lle diga que non é o mesmo ser un enfermo obsesivo ( que é o que vostede afirma que eu lle chamei) que ter obsesións enfermizas, que é o que digo e volto reafirmar.
Creía que ata isto, coma mínimo, chegaba.
VLADIMIR · 13-07-2012 a las 18:15
Ao señor abade xa lle chega… o alcalde pasa de todo… pero lóxico… nin un nin o outro habitan… pasan por aquí….así estamos.
Cara de cona · 13-07-2012 a las 20:31
Si home si vladimir……..o cura pasa e larga uns rollos inacabables nas misa……non hai reloj que valga….Angueira?…non esta…..non ve ese reloj…ou esta no Nautico….ou esta en Taragoña…ou por aí camuflado non sei donde…..jo…jo…jo…
Princo · 14-07-2012 a las 00:31
Canta razon Caminante… Se alguén pensa que o que aquí pon Sabariz é para axudar aos cidadáns, éche ben iluso.
Non vos dades conta de que en todo o que pide este «señor», require facer un gasto en cousas que non teñen excesiva importancia? Todo sexa por erosionar ao goberno, ou, como Saba o chama «Oposición responsable»
ja ja e ja
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-07-2012 a las 00:55
Para mi, contar con un reloj en la plaza principal de la villa averiado más de dos meses claro que tiene importancia. Que en las fiestas del Carmen, por ejemplo, estuviese en esas condiciones no dice mucho de este pueblo.
No inventes cosas, «princo», porque yo lo único que pretendo es que el reloj funcione, que haga su función. Otra mucho gente me comenta lo mismo. Es lo lógico, para eso se adquirió y la oposición tiene que decirlo. Este precisamente es uno de sus cometidos.
pulga · 14-07-2012 a las 16:30
A ver se vos enterades. O reloj non se vai reparar hasta que a xente solte cartos como sempre. Se non xa estaria reparado. Que aqui as cousas funcionan a base de tomarlle o pelo á xente. A iglesia non vai a poñer un peso e o concello penso eu que non debería de cargar ca factura. ¿Por que creedes que a iglesia ten cartos? por soltar non é. Dentro de pouco o señor cura soltara nunha misa eso de que a xente que poida que colabore para o arranxo de reloj, e claro catro beatas e beatos faran o que o jefe di. Así estamos e así andamos. Se o concello paga facervos a idea de que o estamos pagando todos e xa me fastidiaria que o pagaran cos nosos impostos.
Princo · 15-07-2012 a las 00:28
Eu si teño que mirar que hora é, non penso facelo mirando para o reloxo dunha edificación propiedade dunha secta. Que os sectarios que van á igrexa, a paguen.
Quen queira que funcione, que pague, xa era o último ter que pagar esto!!
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2012 a las 00:41
Tampoco el tema es para reaccionar con esa saña, «Princo», llamando sectarios a los que van a la iglesia. Libertad de expresión sí, pero hay que tranquilizarse y mantener un mínimo de respeto en este medio, por mucha animadversión que tengas a la Iglesia Católica. Yo quiero que funcione el reloj y creo que no habrá nadie que no quiera que funcione. Insisto en que el reloj hace un servicio tanto a los feligreses como a los vecinos en general, por eso el equipo de gobierno debe gestionar con el párroco un arreglo que no debe esperar ni un día más.
Princo · 15-07-2012 a las 01:03
Chamar secta á Igrexa Católica é totalmente correcto… por tanto, quen pertence a ela, son sectarios.
Acaso o tabaco non é unha droga? Pois a Igrexa tamen é unha secta.
O que pasa é que como está socialmente aceptada e adaptada á nosa cultura, escandalizamonos cando din que o tabaco é un droga(talmente coma o resto) e a igrexa é unha secta(como tantas outras)
Volvereino dicir… o reloxo, que o paguen eles. Non sei con qué xente falarás ti, pero seguro que se se preguntase na plazuela, aos que pasen, e se lles preguntase sobre quén deberia pagar o arranxo, igual te sorprendias
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2012 a las 02:14
Vexo que segues a elevar o tono da crítica, «Princo», e ademais querendo transmitir que as túas afirmacións son as acertadas e punto. En fin; a relixión non é o obxecto deste debate, o que se pide é que funcione o reloxo dunha vez. Esperemos que tanto o goberno local como a parroquia se poñan as pilas dunha vez.
papagos · 15-07-2012 a las 12:24
Non é competencia do goberno local xestionar o arranxo do reloxo da igrexa e moito menos pagar a factura correspondente.
Qué parte non entende Sr Sabaríz? porque parece que son as súas afirmacións as acertadas e punto.
Quen lle impide a vostede Sr Sabaríz como fregués interesado no arranxo do reloxo, poñerse a disposición do parroco para axudarlle nesta cuestión?
Vostede sempre tan disposto a mandar cartas a quen sexa, quen lle prohibe actuar neste caso?
Poden pedir cartos aos da catedral que polo que soubemos estes días recadan máis de 12000 euros diarios de cepillo.
Sen dubida está moi claro o seu obxectivo Sr Sabaríz, pero teña coidado non vaia ser que ao final as súas obsesións enfermizas léveno a culpar ao goberno local de que chova no mes de xullo.
cesureño · 15-07-2012 a las 13:47
Totalmente de acordo con «Princo».
Non entendo por que o concello ten que preocuparse por algo que non funciona nunha propiedade privada, que se ocupen os seus donos que son mais ricos que todos nos e o concello que se ocupe doutras cousas que son do noso interes. Sabariz ti crees que a igrexa se se dera tal circunstancia un reloxo do concello por que non funciona??
Si tanto interes tes en que se arregle xa sabes, pagao ti cos teus cartos e non intentes que o paguemos todos, cando nin a metade do pobo mira para el, e estou por apostarche que mais dun se enterou de que non funciona por que o veu aqui ou no xornal.
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2012 a las 16:51
Deixádevos de competencias, de sectas e de historias, e que arranxen o reloxo dunha vez, que é o que queren os veciños. Vexo que o goberno local nin se preocupa das cousas de máis interese nin tampouco das de menos. O balance do ano e pico que levan, moi frouxo. Tempo perdido.
o palillo · 15-07-2012 a las 18:24
mire señor Sabariz con esto do reloxio xa cheira que o arranxe a igrexa xa bastante se fixo con donalo e cando non se pode manter unha cousa non se ten porque creo que os cesureños xa pagamos os vosos fallos ben caros .Vostede sempre saca nesta paxina o que lle comben e no que vostede esta implicado non fala nada por exemplo sobre a vivenda do rial a noticia que saiu na prensa en canto nos sale ese tema os cesureños? e coma eso mil e unha .Cada un que aranxe o que lle pertence .
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2012 a las 20:30
Aquí cada un pode publicar a nova que lle pareza e para min o arranxo do reloxo non debe esperar un día máis. Sobre a casa do Rial, xa dixen no seu día que hai que ser prudente, «o palillo». ? un asunto controvertido e difícil con resoluciones de contido urbanístico na xurisdicción contencioso-administrativa, con asuntos civís en canto á titularidade de terreos, procedementos nos xulgados, etc…
papagos · 16-07-2012 a las 13:02
Vaia, vaia ao Sr Sabaríz non lle gustan as discrepancias e saca a relucir toda a frustración que mantén dende o resultado das últimas eleccións, un non pode ocultar o que é.
Tempo perdido para quen Sr Sabaríz? para vostede?
Déixese de parvadas se tanto interese ten no arranxo do reloxo colabore co párroco no asunto, o concello está para outras cousas.
Faga unha oposición seria e deixe de facer de tunante con «cornetín» porque xa empeza a soar desafinado.
Luis Angel Sabariz Rolán · 16-07-2012 a las 22:07
Pues no tengo frustación alguna por los resultados electorales, » papagos», y como los vecinos y los pactos nos colocaron en la oposición pues ese es nuestro papel que tenemos que realizar con la mayor dignidad y dedicación posible. Estar en la oposición es duro y generalmente poco valorado (siempre comento que en la oposición «hace mucho frío») pero cuando te presentas tienes un compromiso con el municipio y con los vecinos .
Con el cornetin tenemos que tocar siempre para despertar a un gobierno apático, con muy poca actividad y que no genera ilusión. Nosotros lo afinamos todo lo que podemos y son los vecinos los que tienen que juzgar si merece la pena oírnos. Estamos esperanzados en que así sea, pero nunca se sabe.
Volviendo al tema, hai que insistir en que se arregle de una vez el reloj de la plaza más importante de la villa. Cuando entramos a formar parte del gobierno local en 1999 el reloj llevaba parado mucho tiempo, lo pusimos en marcha y se consiguieron muchas cosas con ilusión y sin cobrar nadie exclusivas. Ahora se avería. ¿Será por la falta de ilusión, la ausencia de logros, y el que haya tres exclusivas para mi totalmente innecesarias?.
Princo · 17-07-2012 a las 00:58
Falta de ilusion? Dime solo 2 exemplos de localidades deste puñetero país, nos que a xente teña ilusion polo seu alcalde/goberno, e viceversa.
Deberías actualizar as túas expectativas de oposición ao contexto no que estamos agora… Pretendemos facer o mesmo doutros anos, sen ter nin a metade.
Eso non pode ser, a xente sábeo, e nn entenderían un arranxo de tan pouca importancia, dun edificio privado, nestes tempos. E non hai máis.