Nota íntegra sobre a utilización da furgoneta do concello por asociacións.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 08/02/12, o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira ditou un decreto resolvendo que a furgoneta municipal Citroën Jumpy de 9 prazas 7879GSJ só podería ser utilizada no futuro polos clubs deportivos do municipio pois teñen a necesidade de desprazar aos xóvenes ás diferentes competicións. Falaba o alcalde de que viñan presentándose numerosas peticións de entidades de todo tipo e precisabase racionalizar o seu uso.

Esta furgoneta foi conquerida para o concello polo anterior goberno logo de asinarse un convenio coa Deputación de Pontevedra e tivemos que abonar unicamente o 25% do seu custo. Ata a resolución, ademais de utilizala o concello para o seu servizo, foi tamén utilizada, no tempo que non tiña uso por parte do concello, por asociacións e entidades sen ánimo de lucro de Pontecesures, tanto deportivas coma culturais, para trasladar aos integrantes dos equipos ou ben agrupacións folclóricas, corais, etc?facéndose cargo neste caso do custo do combustible.

Considerouse xa daquela inxusta e discriminatoria a decisión xa que as asociacións culturais realizan un traballo importante onde están implicados un número considerable de nenos e maiores que, ás veces, precisan desprazarse (non tanto como os equipos deportivos, obviamente) e supón un apoio importante ter a posibilidade de utilizar a furgoneta municipal. Solicitouse ao alcalde que reconsiderara a súa decisión, sen ter contestación algunha.

Pois ben; con gran sorpresa temos coñecemento de que o alcalde en funcións, Roque Araújo, autoriza a unha asociación cultural do municipio, mediante resolución de 23/07/12, o uso da fugoneta para unha peregrinación en bicicleta, polo que vai en contra do criterio do alcalde titular. Parécemos moi ben que «A Estornela» utilice o vehículo municipal, pero tamén que poidan facelo as outras asociacións culturais do concello. ¿En que quedamos?, ¿Poden ou non poden utilizar as asociacións culturais a furgoneta?. A situación é confusa amosándose a desorganización dun goberno onde cada un vai á súa bola. Co alcalde titular de viaxe e o primeiro tenente de alcalde, Ángel Souto Cordo, de vacacións, parece que o segundo tenente de alcalde Roque Araújo, en funcións de alcalde, «aproveita a ocasión» para facer amigos deixando o vehículo en contra da resolución de Álvarez Angueira. Parece realmente insólito que un alcalde en funcións dite unha resolución en contra do decretado por un alcalde titular.

Polo exposto, solicítase a Roque Araújo unha explicación do sucedido e que, en todo caso, dite unha resolución anulando a do 08/02/12 do alcalde Álvarez Angueira para que todas as asociación culturais de Pontecesures poidan utilizar a furgoneta co mesmo dereito.

Pontecesures, 25/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


6 comentarios

ven te vexo · 26-07-2012 a las 13:42

Ben se ve, isto núnca tratou de política.
Sempre foi de amigos, amiguiños e, como non, de inimigos.

Cara de cona · 26-07-2012 a las 19:26

Outra trapicheirada…..o Saba esta en todo…….gracias a el temos informacion…..mira para o Roquiño….facendo favores…..e estes son os de esquerdas transparentes e legais…anda ya……..para esto cobran tres no concello?….que vaian traballar…….para que os queremos?……

acorazado · 27-07-2012 a las 20:23

APROVEITO PARA PREGUNTAR O SEGUINTE:
ALGUEN SABE PORQUE CHEIRA TAN MAL NESTE POBO? NIN QUE TIVERAMOS A CELULOSA CERCA.
POR FAVOR SI ALGUEN SABE A RESPOSTA QUE MO EXPLIQUE PORQUE ESTO E INSOPORTABLE.
SABARIZ, XA QUE TE ENTERAS DE TODO O QUE PASA NO POBO SABRAS A RESPOSTA ¿NON? GRAZAS

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-07-2012 a las 20:37

Non contesto «acorazado», porque non sei se a pregunta vai en serio ou con retranca.

acorazado · 27-07-2012 a las 20:42

VAI EN SERIO SABARIZ APROVEITO PARA PREGUNTAR AQUI NESTE ESPACIO , E QUE LEVAMOS UNS DIAS QUE NON SE PODEN ABRIR AS VENTANAS, NON SEI SI E DO RIO O PASOU ALGO MAIS.
SI QUERES CONTESTAR DOUCHE AS GRACIAS ANTICIPADAS.

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-07-2012 a las 22:02

A mi me da la impresión, «acorazado», de que el olor pestilente que se percibe en Pontecesures en ocasiones no tiene que ver con el rio, procede de una fábrica ubicada en el término municipal de Padrón. En función de los vientos, se percibe en Pontecesures (con norte), o en otras zonas de la comarca.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.