A pesar da súa recolocación hoxe, segue solta a reixa do Camiño Portugués en Condide.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Neste día enviouse á Xerencia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo o seguinte escrito:

“Logo da comunicación de onte sobre a grave perigo, sobre todo para os ciclistas, que representaba a reixa de pluviais solta e levantada no tramo de Pontecesures do Camiño Portugués da Ruta Xacobea (zona de Condide) alguén hoxe recolocou a verxa e retirou as ponlas que puxeran os veciños para advertir do perigo.

Porén; hai que lembrar que a reixa, ainda que está no seu sitio agora, segue solta nos seus apoios laterais ao pavimento e o normal é que, en calquera intre, se mova deixando o oco de novo.

En consecuencia, prégase que se realice unha pequena actuación fixando con formigón a verxa ao pavimento de adoquín existente para impedir que cada dous por tres esteamos con este problema que pode causar un disgusto. ? preciso que se faga unha actuación en certo modo definitiva para tranquilidade de todos.

Pontecesures, 29/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán”


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.