Resposta ao goberno local de Pontecesures sobre a reixa do Camiño Portugués en Condide.
Sobre ás 9 da mañá do luns 27 de agosto un veciño infórmoume da deficiencia dicindo que foran colocadas unhas ponlas no oco para advertir do perigo, e sobre as 18 horas visitei o camiño e tomeu a fotografía no lugar. Quedei realmente alarmado polo perigo e a primeira hora do martes 28 de agosto enviei un escrito á Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo xuntando a fotografía do día 27 e pregando o arranxo inmediato. Iso foi o que fixen pois a obriga que teño como concelleiro é preocuparme por este tipo de cousas. ¿Non pode ser que os técnicos do Xacobeo viñeran o día 28 de agosto, porque a primeira hora dese día tiñan coñecemento do escrito que enviei?
Parece que lle molesta ao goberno local que estea interesado en que sexan subsanadas as deficiencias, que faga xestións diante dos organismos competentes para que se arranxen estes temas en beneficio de todos, que se fagan tarefas de fiscalización, que informe os veciños da desidia na xestión municipal, etc…Nesta ocasión, na que nin sequera culpei ao goberno local de nada, nin o citei nin no escrito nin na prensa, arremeten contra min chamándome mintireiro e manipulador. Incrible que un goberno serio insinúe que eu «fabriquei» a fotografía, retirando una reixa adrede. Isto é gravísimo pois case intúese que podería provocar un accidente. Errarei moitas veces, farei a oposición mellor ou peor segundo o xuizo de cada quen, pero toda a xente sabe que eu non sería quen de provocar unha deficiencia para facer unha foto (coas deficiencias que temos no municipio, pódense facer moreas de fotografías en moitos sitios).
En fin; que ademais de seren un goberno apático e ineficaz, tamén vexo que actúa con desesperación para disfrazar a súa falla de iniciativas. Pois que traballen, que teñen todo o municipio abandonado, a pesar de que tres dos seus integrantes perciben un salario que pagamos todos.
22 comentarios
DOLORES_FUERTES_DE_BARRIGA · 30-08-2012 a las 10:13
En primer lugar me gustaría agradecer al Sr Sabariz su labor en esta página ya que sin su estimable aportación no sería lo mismo.
Ahora bien, aunque la mayoría de las veces estoy de acuerdo con sus apreciaciones en esta tengo que darle un tirón de orejas. Para mi entender (no pertenezco al C.S.I.) es claramente notorio que es imposible que usted realizase la foto el dia 27 de agosto. Si tenemos como referencia las dos fotos y nos fijamos en los ramos colocados en el hueco se ve claramente que en su foto estos ramos están verdes y en la foto de la policia local ya están medios secos por lo que se ve que la foto de la policia local es posterior a la suya. Podemos apreciar que la foto de la policia local es del dia 25 de agosto por lo cual es completamente imposible que la suya sea del dia 27.
Sr Sabariz dele toda la caña posible a estos impresentables que nos están gobernando pero por favor no mienta ni tergiverse las noticia ya que si no muy a mi pesar tendré que creerme que todos los políticos son iguales.
papagos · 30-08-2012 a las 11:52
Vaia historia máis rocambolesca. Dende logo a min resúltame estraño que un veciño contacte con vostede ás nove da mañá para informalo do estado dunha reixa, en calquera caso os veciños a onde teñen que chamar é ao concello que é o que ten competencias e capacidade para resolver.
Parece que o facer fotos estáselle volvendo na súa contra Sr Sabaríz, evidentemente o concello demostrou que a reixa estaba colocada o día 25 queda claro que vostede minte e manipula, algo que non é novo para os lectores desta páxina porque xa quedou en evidencia en máis dunha ocasión.
«Había nacido para intentarlo incorregiblemente y fracasar irremisiblemente: para ser siempre, en suma, eternamente derrotado y no darse cuenta nunca» Henry James.
Sen dúbida este escritor debeu coñecer a alguén coma vostede Sr Sabaríz.
Vostede si que prexudica día si e día tamén a imaxe da vila, en fin, en Pontecesures tamén temos un «ecce homo»
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-08-2012 a las 15:13
Eu non sei porque quedou o oco ao aire entre o sábado 25 ao mediodia e a mañá do luns, 27 de agosto. O veciño que me chamou sobre as 9 horas do luns informoume do perigo e de que foran colocadas unhas ponlas. ? a mellor testemuña, e a foto onde aparece a situación da gavia, tal como me informou dito veciño, foi tomada pola tarde.
Os veciños poden chamar a quen queiran. ¿Por que algúns non chaman a ninguén do goberno local?. Porque están cansos de soportar a súa ineficacia e así o fan saber cando me detallan as queixas e as deficiencias.
Senón concibe o goberno isto, pois alá eles.
¿Sabedes o mellor?. Que grazas ao escrito ao Xacobeo vai quedar solucionada en breve a deficiencia, é o toque de cornetín que tantas veces cito. A función da oposición é fundamental nestes temas.
Por moitas acusacións de mintireiro, manipulador, e outros termos que me fagan dende o goberno local, eu ao meu realizando a función de oposición. Pois a traballar, a propoñer, a fiscalizar, a atender aos veciños nas súas, a infomar á veciñanza, etc..Claro que estar na oposición é duro e pouco valorado, pero hai que facela sen cobrar nin un euro e coa maior dedicación posible.
Cara de cona · 30-08-2012 a las 18:35
De coña a nota do goberno…….o Saba desesperaos…..non soportan esa rede de veciños que lle dan o parte o Saba…….boa oposicion……esta a provocar lios na lista de Cordo….criticas internas….esta sendo un monigote no goberno….a Tarela picase…..enreda a Angueira nos follons….Angueira de vacacions….non quere saber nada da queima…e o Roque?…..nin unha mala palabra…nin unha boa acción……nin mata nin espanta……que se vaia para o faiado….da memoria……jo…jo…jo….
Princo · 1-09-2012 a las 02:46
Pero porqué tes que mentir sempre? Eu non o entendo. Co bo traballo que fas con esta web, empórcala cas túas tonterías de sempre
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-09-2012 a las 11:29
De mentiras nada, «princo». A chamada telefónica do veciño comentándome o do oco coa sua gravidade recibina o luns 27, ás 9:25 horas, e a foto tomeina ás 4:33 horas PM do mesmo día como consta na cámara de fotos. Teño probas, claro. se queres velas avísame.
O que digo vai tamén para o goberno local.
papagos · 1-09-2012 a las 20:26
Cando se minte tanto un chega a perderse verdade Sr Sabaríz? Na nota desta entrada di: » e sobre as 18 horas visitei o camiño e tomeu a fotografía no lugar», agora dí ás 4.33 horas. Cae antes un mentireiro que un coxo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-09-2012 a las 23:17
E dalle, «papagos». O goberno local acusoume de sacar o fotografía antes do 25 de agosto, ou ben de sacala despois pero afundindo eu a reixa e colocando as ponlas no oco antes de facer a foto.
Obviamente nin unha cousa nin outra, non precisei a hora da tarde do luns nunha primeira impresión, ¿que mais da?. O certo é que saqueina o luns e as acusacións do equipo de goberno foron moi inxustas.
papagos · 2-09-2012 a las 12:17
Non, non Sr Sabaríz, o goberno local demostrou que vostede non puido facer a fotografía despois do día 25 a non ser que houbese manipulación do lugar.
A conclusión é obvia Sr Sabaríz ou vostede minte ou vostede manipula,
que máis dá?
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-09-2012 a las 15:58
Como lle dixen a «princo», dígocho a ti «papagos». Avísame, vemos a cámara de fotos e ademais imos onde o veciño que me avisou do oco na mañá do 27 de agosto para que nos de os detalles. ? a mellor testemuña. Espero que teñades a valentía de vir.
Princo · 2-09-2012 a las 17:10
Contradicións por toooodas partes… á parte de manipulador e mentireiro, indirectamente andas a chamar cobarde á xente pra q vaiamos ver a tua cámara. Que lamentable forma de facer politica. Un politico normal non deberia necesitar de isto para q o crean. O que ven a demostrar a tua Credibilidade nula.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2012 a las 00:24
Moito rollo, «princo», pero non ves. En fin; a covardía de sempre sen dar a cara. En credibilidade non teño problema, dicir que retirei unha verxa para sacar unha foto é unha barbaridade tran grande que non a cre ninguén. Terei poucos apoios, non se valorará o que fago, gustarán máis outras opcións, etc…, pero por mintireiro non se me ten, por cobrar no concello tampouco, e por utilizar o cargo para favorecerme menos. E xa levo máis de trece anos formando parte da corporación.
papagos · 3-09-2012 a las 12:31
Vaia, vaia, o Sr Sabaríz pretendendo sacar peito. Mire, son os políticos os que teñen que dar a cara ante os veciños e non ao revés, e covarde Sr Sabaríz, é o que actúa por detrás e diso vostede sabe moito, a min non me ofende vostede entre outras cousas porque non pode.
O certo é que vostede foi collido «in fraganti» polo goberno local, mentindo ou manipulando, ou mentindo e manipulando como vostede queira. Agora anda mareando a perdiz, que si avísame que teño probas… que si imos onde o veciño que me chamou non sei moi ben a que hora… etc
A min Sr Sabaríz non ten que darme detalles de nada, porque eu teño moi claro que vostede minte e manipula. En calquera caso si pode demostrar que vostede di a verdade terao que facer publicamente porque si non o fai a razón está no lado do goberno local.
Princo · 3-09-2012 a las 12:57
Porque hei de dar a cara eu? Que interés tes? Quen deben dar a cara son os políticos, neste caso ti. Eu non teño nada que aportar ao tema. Es ti quen ten a foto, e es ti quen debe demostrar quen di a verdade.
De momento, eu nunca mentin, ti non podes decir o mesmo. Ti con tal de perxudicar ao goberno, eres capaz de todo. E si, incluso facendo dano a alguén co da reixa.
Insultar á xente non che vai dar máis crédito
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2012 a las 13:42
Que nada, que «papagos» y «princo» no quieren llamarme para ver las pruebas. Tengo la conciencia muy tranquila, no manipulé nada e incluso hablé en estos días con el vecino que me llamó por lo de hueco, que estaba alucinado con la nota del gobierno local acusándome de manipulador cuando él vió la reja caída con las ramas que advertían del peligro en la mañana del día 27 de agosto. Para mí es lo importante y así lo comentó el testigo a otros vecinos que se interesaron por el tema.
Lo bueno es que el escrito al Xacobeo surtió efecto. El sábado por la mañana había unas planchas de hierro colocadas provisionalmente para evitar riesgos y próximamente se realizarán los trabajos de fijación definitiva de la rejilla. Esa es la labor de la oposición.
Princo · 4-09-2012 a las 03:36
Chamarte sería o último que faria nesta vida.En fin… Tes a misma credibilidade que si eu ahora digo que teño a cura contra o cancer…
Porque hei de crer que ese home falou contigo sobre a nota do goberno?
Hasta que demostres o contrario, estás dando vergonza allea, e de paso, dandolle a razon ao goberno, como xa dixo papagos
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2012 a las 08:57
O esperado. Nin «princo», nin «papagos» van vir falar conmigo na presenza do veciño testemuña.
En fin; que hai que facer o seguemento ata que a reixa da discusión quede fixada definitivamente no Camiño Portugués.
Tiroliro II · 4-09-2012 a las 18:19
Oin que o que lle comentou o da reixa do camiño foi un Peña de Condide, pariente de Souto Cordo que esta no goberno, e certo que foi ese o gorxa profunda Sabariz?
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-09-2012 a las 01:05
Non inventes, «Tiroliro II».
javahacks · 7-09-2012 a las 11:30
Ter q andar con estas cousas…. Q triste saba. Demostra as cousas,marrulleiro, e non oblijes á xente a ir verte.por eso os invitas, quen vai querer ir verte voluntariamente?
Regina dos Santos · 21-09-2012 a las 14:59
O día 28 de agosto a eso das 11:00h, un grupiño de amigos fixemos o camiño cara os Milagros de Requian e fixemos o tramo cesures-San Miguel de Valga polo camiño portugues e podémosvos asegurar que non había reixa e estaban unhas ponlas colocadas no seu lugar. Pareceunos tan perigoso que a un grupo de peregrinos en bici avisámolos para que tivesen coidado.
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-09-2012 a las 15:34
Vaia pois xa temos outras testemuñas sobre o oco perigoso. Xa dixen que a miña foto era da tarde do 27 de agosto, e claro, o 28 pola mañá «Regina dos Santos» apreciou o mesmo. A reacción recolocando a reixa provisoriamente foi despois das 11 da maña dese día, cando se coñeceu a miña queixa a S.A de Xestión do Plan Xacobeo. Todo cadra. O lamentable foi a acusación do goberno local dicindo que ou ben a foto era doutro día ou ben saquei a reixa e puxen as ponlas para facer a foto. ¡Que barbaridade!. Insinúan unha cousa así e quedanse tan panchos. Que pouca seriedade.