ABERTA A INSCRICI?N PARA AS ACTIVIDADES DE AEROBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO E XIMNASIA PARA MAIORES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Ante a gran demanda de actividades de ximnasia de mantemento, aerobic e ximnasia para maiores, e debido a imposibilidade de contratar a una monitora  pola nova normativa de contratación da Administración Pública, o Concello de Pontecesures ven de asinar un convenio cunha empresa especializada, CHAMPIONS GALICIA FITNESS SOTO VITURRO S.L., para o desenvolvemento destas actividades deportivas. Esta empresa encargarase da xestión económica das cuotas e do desenvolvemento das actividades. Pola súa parte, o Concello pon a disposición da empresa as dependencias habituais para realizar estas actividades e realizará a inscrición dos interesados.

O prezo mensual destas actividades, que se levarán a cabo de outubro a xuño, é de 8 ? (prezo para todo o curso en pago único é de 55 ?) e o prazo de inscripción comezará o vindeiro luns 17 de setembro e permanecerá aberto durante todo o ano para que os interesados poidan apuntarse cando o desexen.

Para a posta en marcha destas actividades convócase a tódalas persoas interesadas a unha reunión que se levará a cabo o martes 25 de setembro ás 20.30 horas no local anexo ao Pavillón Municipal de Deportes.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.