Moción de ACP ao pleno de Pontecesures sobre as baixas dos traballadores.
MOCI?N DA ACP DE PONTECESURES
COMPLEMENTO Á PRESTACI?N ECON?MICA NA SITUACI?N DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE PONTECESURES.
O artigo 9 do R.D. Lei 20/2012 , de 13 de xullo, publicado o 14 de xullo de 2012, con corrección de erros publicada no BOE de 19 de xullo de 2012, posibilita complementar as prestacións que perciba o persoal funcionario e laboral nas situacións de incapacidade laboral, establecendo uns límites máximos que non se poden superar.
A disposición transitoria decimoquinta do decreto lei establece que as previsións contidas no artigo 9 deben ser desenvolvidas en cada administración no prazo de tres meses dende a publicación da norma.
Esta agrupación considera que o Concello e Pontecesures debe compensar económicamente aos traballadores na situación de incapacidade os límites máximos que se recollen na normativa, ante a baixa de retribucións que soportan os empregados públicos e tendo en conta que se anula nesta materia o convenio que tiña o persoal laboral (abonábanse as baixas ao 100%) paliando deste xeito un impacto maior da medida.
En consecuencia, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:
1.Recoñecer para o persoal funcionario e laboral na situación de incapacidade temporal durante os tres primeiros días un complemento retributivo ata acadar o cincuenta por cento das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.
2.Recoñecer para o persoal funcionario e laboral na situación de incapacidade temporal dende o cuarto ata o vixésimo día un complemento retributivo ata acadar o setenta e cinco por cento das retribución que se veñan percibindo no mes anterior ao causarse a incapacidade.
3.Recoñecer para o persoal funcionario e laboral na situación de incapacidade temporal a partir do día vixésimo primeiro unha prestación equivalente ao cen por cen das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.
4.Complementar para o persoal funcionario e laboral dende o primeiro día ata a cadar o cen por cen as retribucións que lle viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais.
5.Establecer un complemento para o persoal funcionario e laboral ata o cen por cen das retribucións que lle viñeran correspondendo en cada intre nos casos debidamente xustificados de hospitalización e intervención cirúrxica.
Pontecesures, 05/10/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
4 comentarios
morocha · 6-10-2012 a las 17:42
Non entendo a necesidade de presentar a moción á vista do disposto na disposición transitoria decimoquinta do RD 20/2012 de 13 de xullo; cando di:
«Las previsiones contenidas en el artículo 9 relativas a las prestaciones económicas en la situación de incapacidad temporal del personal al servicio de las Administraciones Púbicas acogido al Régimen General de la Seguridad Social serán desarrolladas por cada Administración Pública en el plazo de tres meses desde la publicación de este Real Decreto-ley, plazo a partir del cual surtirá efectos en todo caso.».
Unha vez máis:…. «plazo a partir del cual surtirá efectos en todo caso»…. ¿…? para que esta moción? unicamente a meu modo de ver para que haxa unha pronunciación expresa por parte da corporación…
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-10-2012 a las 18:28
Sí, «morocha», pero puede haber dudas, porque, ¿cuáles son los efectos?. Ten en cuenta que los límites propuestos son los máximos de la norma (se pueden fijar otros medios por cada administración), pero hay quien interpreta que si no se adopta acuerdo alguno las bajas no serían compensadas en nada (los tres primeros días no se cobraría nada, del día 4 al 20 el 60% y a partir del 21 el 75%). Por seguridad jurídica y por claridad para todos es preferible siempre el acuerdo expreso.
VLADIMIR · 6-10-2012 a las 20:03
…por seguridad jurídica y por claridad … y por exhuberancia política y exhibicionismo ante cuatro incompetentes…
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-10-2012 a las 23:09
Nada máis lonxe do que dis. A estas alturas e con tantos anos de concelleiro, o de menos son as exhibicións, «VLADIMIR». Sabes mellor que ninguén que non conducen a nada.