Non houbo servizo de megafonía na capela do cemiterio de Condide o 1 de novembro.
Conta o cemiterio municipal de Condide cunha pequena capela para oficios relixiosos e onte, como todos os anos, tivo lugar unha misa ás 16:30 horas para lembrar aos defuntos que reposan en dito cemiterio. ? unha misa moi concorrida á que asisten os familiares dos defuntos, pero poucos deles poden entrar no edificio por razóns de espazo, e así a maioría das persoas teñen que seguir o acto dende fóra da capela.
Este ano o goberno local non instalou a megafonía como se fixo outras veces, e así dende o exterior da capela non se escoitaba absolutamente nada coas conseguintes queixas das persoas que pretendían seguir a misa.
O goberno local non se encargou de que fora instalada a megafonía para que se escoitase o acto relixioso no exterior. ? criticable que non se coiden estes detalles tendo en conta, ademais, que a colocación da megafonía non ten custo algún xa que o concello conta cun equipo en propiedade. ? unha cuestión organizativa, un feito que amosa que o equipo de goberno segue na súa liña de desinterese na que nos ten acostumados.
Pontecesures, 02/10/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
4 comentarios
chorlito · 3-11-2012 a las 15:30
Nin este ano nin o ano pasado se escoitaba a misa, pero ata que algun membro do goberno teña algún famililar alí enterrado non creo que se preocupen pola megafonía, menos mal que a intención e o que conta e coma os difuntos non protestan pois ala seguiremos asi ano tras ano.
Descansen en paz, con megafonía ou sin ela, a procesión vai por dentro.
Princo · 4-11-2012 a las 03:42
Paréceme perfecto. Quen queira oir a misa ca megafonía, que lle pida a instalación á igrexa.
Que ten que ver aqui o goberno?
é coma o caso do reloxo, que pague quen a use
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-11-2012 a las 10:16
No recinto do cemiterio municipal todo é do concello, «Princo». A Igrexa non ten ningunha propiedade alí. Non trates de xustificar a un goberno apático que foi moi criticado polos veciños, con razón, o día 1 de novembro.
ben te vexo · 4-11-2012 a las 13:18
CEMITERIO MUNICIPAL, así que o concello non ten ningunha obriga cos temas eclesiásticos( nin cos veciños crentes) pero o clero é responsable das instalacións municipais( nas que si realiza o servicio para todos os intetesados, sin discriminar a ninguén)