Sinatura do convenio de colaboración para o servizo integral de apoio á familia.
No día de hoxe o Concello de Pontecesures asinou un convenio de colaboración para a posta en marcha deste servizo.
O Concello de Pontecesures asina este convenio de colaboración coa Asociación ??Medrando á par?? co obxecto de ofrecer apoio ás familias de Pontecesures na educación de pais a fillos.
A sinatura deste convenio é un paso máis no noso compromiso coas familias da vila, con nenos en idade escolar.
Dalgún xeito, con este convenio tratamos de sobrepoñernos aos recortes presupuestarios que se levaron por diante o programa ??Preescolar na Casa?, e que tanto éxito acadou nesta vila.
Constatado este feito, dende o Concello de Pontecesures, que era necesario poder ofertar de novo este servizo de grupos de apoio as familias, e atopamos na Asociación ??medrando a par? a mellor opción.
Agardamos o maior dos éxitos a esta iniciativa e que sexa do agrado das familias do noso concello.
Os destinatarios deste servizo serán as familias con nenos/as de 0 a 6 anos.
O servizo levaráse a cabo no Centro Xuvenil (Rúa Borobó ??ao lado da biblioteca municipal-) os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas. O primeiro día, que será de presentación do programa ás nais e pais, será precisamente hoxe 20 de novembro.
0 comentarios