Unha porta á recualificación.
O Concello de Valga leva anos desenvolvendo proxectos formativos encamiñados á inserción laboral dos nosos veciños. Estas accións sempre foron importantes polo que tiñan de ferramentas para abrir portas, pero no actual contexto de crise, a súa relevancia ainda é maior xa que os obradoiros son portas para a recualificación profesional de moita xente que, tras anos de traballo en distintos sectores, se atopa de repente no paro e sen a titualción que avale os coñecementos adquiridos coa práctica. Foi pensando nesa xente, sobre todo, como deseñamos o obradoiro de emprego de Valga para este ano. Pensando nesa xente e, tamén, atendendo as demandas dos empresarios e sen perder de vista aqueles sectores que están a producir postos de traballo. Porque o que é evidente é sen ter en conta eses dous aspectos (o de quen demanda emprego e o de quen está en disposicion de crealo) calquer iniciativa deste tipo está abocada ao fracaso.
Mª José Devesa. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local de Valga.
LA VOZ DE GALICIA, 05/12/12
0 comentarios