Un tramo do Camiño de San Xulián permanece a escuras dende hai tempo.
O Camiño de San Xulián é a rúa que une a N-550 coa Plazuela. ? unha rúa moi transitada con moitos peóns xa que comunica o lugar de San Xulián co centro da vila. Precisamente no tramo medio, o máis estreito, á altura da Portiña, hai una zona que está a escuras e os veciños que van a pé teñen que arrimarse por completo as muros das marxes pois os condutores dos vehículos teñen dificultades para para velos na noite.
? necesario, como propuxo a ACP no pleno ordinario de setembro, colocar un novo punto de luz alí. Non só non foi colocado, senón que o punto de luz que está na intersección do camiño coa Portiña está apagado en moitas ocasións e así agora o perigo e dobre e a zona de escuridade moito maior.
Hai bastantes queixas por esta deficiencia e incluso algunha veciña vese na obriga de atravesar o camiño nese tramo pola noite cunha lanterna.
Prégase ao goberno local unha vez máis que, por razóns de seguridade, adopte as decisións oportunas para corrixir estas deficiencias.
Pontecesures, 18/12/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios