Coas choivas xa temos a terra e as pedras pola Rúa Nova.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Esta rúa peonil situada no centro da vila presenta nestes días un estado lamentable por mor da terra procedente de terreos situados na parte alta de dita rúa. Ás choivas provocan que baixe unha enxurrada considerable con terra e pedras que ou ben quedan depositadas na propia rúa ou ben van para os sumidoiros o cal resulta tamén moi negativo pois os sólidos poden provocar atascos na rede que ocasionan sempre gastos á facenda municipal.

O goberno local debe tomar cartas no asunto co fin de garantir que non se arrastren terras e pedras de fincas particulares para as vías públicas. Nin os veciños da Rúa Nova nin as persoas que pasan por alí teñen porque soportar esta situación.

Pontecesures, 19/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Pontecesures, 19/12/12

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Cara de cona · 21-12-2012 ás 19:49

Non insistas Saba……..na rua Nova non hai lei…….manda unha familia…..e as suas amistades….que si o coche ali….botan augas….terras….que mais da?……que proteste Melanio….jo…jo…jo…

Deixa una resposta a Cara de cona Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.