Roipesa Motor S.L. subministrará o vehículo para Protección Civil.
Ao abeiro da Orde de 04/05/12 a Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza concedeu ao Concello de Pontecesures unha subvención de 31.840 euros para adquirir un vehículo para a protección do medio ambiente e do espazo natural e para prevención, extinción e xestión de emerxencias (Fondo Cooperación Ambiental 2012) que representa o 80% do custo do vehículo, debendo achegar o concello 7.960 euros que é o 20% facendo un total de 39.800 euros.
Pois ben; logo se seguirse o expediente de contratación por resolución da alcaldía de 28/12/12 adxudicouse o contrato de subministración a Roipesa Motor S.L. adquiríndose o vehículo para dotalo a Protección Civil por un prezo de 39.700,01 euros.
0 comentarios