PONTECESURES: ALLEGRO MA NON TROPPO.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Seage

Juan Manuel Vidal Seage
DIARIO DE AROUSA, 02/03/13

Coa perspectiva que otorga o tempo é fácil ver na frase do actual alcalde de Pontecesures o día da súa toma de posesión, cando auguraba que unha nova era estaba a comezar, o primeiro síntoma do desastre que estaba por vir.

En todas as épocas da humanidade a política fai extraños compañeiros de cama. Vénenme á mente aqueles inicios de campaña coa preceptiva pegada de carteis que coloreaban a nosa vila con carteis que repetían como un mantra que ??en Pontecesures había futuro? (imperfecto engadiría eu..) xunto ós dos outros compañeiros de singladura política que xa vaticinaban no ??Para que gañe Pontecesures? o que efectivamente se cumpliu, e foron finalmente os que hoxe ocupan posto de goberno neste triunvirato, a xeito de cómo fai 20 séculos o fixeran Cesar, Pompeyo e Craso, os que máis saíron ganando, asegurándose uns nada desdeñables emolumentos por cinco horas de traballo.

Decía Cicerón que a testemuña da conciencia é para mín de maior precio que todos os discursos dos homes, e a miña razón lévame a pensar, ó igual que moitos cesureños que a situación que agora vivimos foi claramente en caída libre nestes últimos tempos.

Sorprende a ??política de buffete? a que nos teñen acostumbrados nestes últimos dous anos o equipo de gobernó, picando aquí e acolá segundo lles convén, subindo en dous anos as taxas municipais, sen reparar por outro lado en adicar unha parte importante do orzamento municipal a gasto corriente, ou a nula capacidade de captar recursos doutras administracións que se traduzan en investimentos e melloras neste pobo noso.

Teño a impresión de que Pontecesures está a convertirse en ??marca blanca?, motivado polo nulo compromiso dos nosos gobernantes municipais co comercio local, lamentable xestión da ??cousa pública?, pouca eficacia na asignación de recursos públicos, un goberno municipal desunido e esgotado nas súas ideas, un alcalde ausente, e unha xestión basada na rutina.

E nesta boudeville tan triste do que somos testemuñas os cesureños, onde aínda non sabemos se finalmente a festa gastronómica con máis sona do pobo que ensalza o seu máis prezado producto se levará a cabo este ano ou non, a última nova da que teño constancia é que na última convocatoria de subvencións para dotar de desfibriladores semiautomáticos ás instalacións deportivas da provincia por parte da Deputación de Pontevedra, o concello de Pontecesures non presentou solicitude algunha para dito menester.

Mágoa que os rapaces do Clube Nautico, fulbol, baloncesto e tantos outros que participan en actividades deportivas nas instalacións municipais non teñan acceso a estes sistemas de seguridade, que sí terán outros concellos máis involucrados e proactivos con estes asuntos.

Quizais se María Yudina, a única pianista que facía chorar a Stalin, non tivera morto hai tempo, non estaría de máis que dera un concertó no noso pobo, andamos un pouco faltos de sensibilidade últimamente.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.