XVIII Festa da Lamprea de Pontecesures: Segue a incertidume.
Logo da nota da ACP do pasado 20 de xaneiro expoñendo a inquedanza pola ausencia de novas sobre o evento en cuestión, segue a incertidume sobre a data, sobre os actos a celebrar e, incluso, sobre se vai haber ou non festa este ano.
O goberno local tivo, ao parecer, varias reunións con persoas e colectivos, pero seguimos como estabamos. Voltas e máis voltas pero o tempo pasa e as datas vanse esgotando xa que o peche da campaña é o 15 de abril.
? difícil de entender porque se deixan estas cousas para última hora, sobre todo nun goberno con tres persoas liberadas cobrando unha retribución todos os meses. Tampouco se entende como o alcalde non se pon á fronte da organización resolvendo unha cuestión que parece que lle cae grande os tres tenentes de alcalde liberados. En lugar de estar a falar da festa, de difundir o consumo do prezado peixe e de potenciar o nome de Pontecesures e o seu colectivo de valeiros que a capturan, o goberno local transmite unha preocupante sensación de inactividade que criticamos moitos e que prexudica a festa.
Pontecesures, 07/03/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios