Mañá luns, 25 de marzo, pleno ordinario.
Será ás 20:30 horas coa seguinte Orde do Día:
1. Acta anterior.
2. Prego de Cláusulas Administrativas Particulares para a contratación da xestión do servizo público da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.
3. Adhesión do Concello de Pontecesures ao convenio para a creación de fondos sociais de vivendas.
4. Adhesión do monte municipal de U.P. no sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia.
5. Moción do grupo de goberno sobre a declaración deste concello como localidade solidaria co alzheimer.
6. Estudo de detalle para reaxustes de aliñacions e volumes no ámbito coincidente coa única unidade de planeamento incorporado (UPI) do PXOM. Aprobación definitiva.
7. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
8. Informes da presidencia.
9. Rogos e preguntas.
A ACP, coma sempre, fai un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno.
0 comentarios