Prevención das drogodependencias en Pontecesures.
O Concello de Pontecesures continúa na labor de prevención das drogodependencias, e ten elaborado un plan de actuación no ámbito escolar, a desenvolver nos vindeiros meses.
A iniciativa enmárcase no convenio firmado polos concellos de Catoira e Pontecesures e coa colaboración do colexio de Infantil y Primaria cesureño, no que se celebrarán as charlas.
Este plan de prevención, consta dun Programa de Adestramento en habilidades sociais (3º ciclo de Educación Primaria, 5º e 6º curso), realizado en seis sesións dunha hora de duración traballando de forma activa e participativa temas como a asertividade, empatía, autoestima, presión de grupo e acoso escolar.
Por outra parte, levarase a cabo un programa de Prevención Específico con Adolescentes (1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O). Mediante charlas, obradoiros, coloquios, e a proxección de material audiovisual, e co apio para a realización de actividades duns cadernos entregados a cada un dos alumnos, o programa de prevención específico con adolescentes, busca potenciar os factores de protección dos alumnos, á vez que os capacita para ser críticos coas mensaxes que os inciten ao consumo de drogas, sobre todo tabaco, alcohol e cannabis; entre outras das estratexias que favorecerán este rexeitamento crítico ao consumo, estaría a capacidade para identificar situacións emotivas negativas, á resistencia á presión do grupo ou a aprendizaxe de estratexias de resolución de conflitos e a procura de apoio na familia nos momentos máis difíciles.
A actividade estrutúrase en sesións dunha hora de duración con cada un dos grupos, até conseguir un total de 8 sesións.
7 comentarios
piris · 25-04-2013 a las 21:46
Parabén por esta iniciativa para a prevención da droga entre os máis novos, que sempre son os máis vulnerables. Tamén aproveito para felicitar o equipo de goberno, e todos os veciños, pola situación económica do noso concello. Decateime polo xornal de que Cesures non debe un só euro aos bancos. Iso chámase xestionar ben os impostos dos cidadáns. Hai que seguir así e deixar de dilapidacións, como en anteriores festas da lamprea (nas que nin sequera se aseguraba ás cociñeiras). Por certo que tratei de buscar esa noticia nesta páxina e non a encontréi……….. Seguramente non era unha boa noticia
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-04-2013 a las 22:17
A túa traxectoria na páxina non deixa dúbidas, «piris», apoio incondicional aos teus, vaia. Pero para felicitar ao goberno polo tema das charlas sobre drogodependencias ( por certo, hai bastante máis de dez anos que as hai), non vexo porque hai que meterse coa organización das festas da lamprea anteriores. Mira unha cousiña, non enganes a ninguen pois o Concello de Pontecesures nunca tivo que pagar nin un euro en xuros á banca, nunca se solicitou préstamo algún nin a longo nin a curto prazo. Lembro só dúas solicitudes de anticipos reintegrables sen xuros á Deputación Provincial para sufragar investimentos que foron amortizados hai anos. Podes botar as flores que queiras ao goberno local pola súa xestión (eu opino que a xestión ata o de agora é deficiente en moitos temas como veño expoñendo), pero hai que documentarse.
chonis · 26-04-2013 a las 06:56
Siiiiii a labor do Concello é moi deficiente, exemplo: o tema das latas que se lle sacou a foto pero non se tivo o valor de recollelas ou as cabras do veciño que fuxiron.
Hai Dios mío.
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-04-2013 a las 18:41
Pois coincides, «chonis», co alcalde nesto das latas porque utilizou curiosamente o mesmo argumento na recente entrevista televisiva para descualificarme, e ridiculizarme. Vaia casualidade.
Por suposto que recollín e recollo algúns residuos de cando en vez. Porén; as latas da Plazuela non as retirei aquel día porque non pode ser que un domingo non se prestase o servizo de limpeza na zona, algo que nunca ocorreu. Varios veciños queixáronse ante min pola imaxe lamentable e decidín denunciar isto para que non sucedera máis. E o labor normal da oposición para que o goberno corrixira esa decisión que prexudicou aos veciños e á imaxen da vila.
chonis · 26-04-2013 a las 23:21
As veces o único que se descualifica ou ridiculiza é vostede Don Luis, inventando (penso que a menudo) que sempre algún veciñ@ lle da a vostede algún tipo de queixa.
Dato moi curioso que só se acorden de vostede para eso e non para darlle o voto.
A realidade é que sí ocurre algo no pobo, todo o mundo vai o concello a denuncialo ou a informalo, e non en busca de vostede.
Claro que é o labor normal da oposición pero non meta a veciños ficticios que só lle falan na sua mente no medio da sua gana de emporcar as veces as cousas.
manolo o do bombo · 27-04-2013 a las 12:50
Adelantacheste no comentario chonis,totalmente de acordo en todo ó que dis,veciños ficticios….
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-04-2013 a las 16:14
Claro que me dan queixas, pero alá vós coa cuestión de crer ou non. Con votos ou sen eles a Plazuela aquel domingo estaba sen limpar. Iso é todo